O Concello activa o servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”

O prazo de inscrición abrirá a próxima semana, pudendo achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais da localidade ou por rexistro electrónico na web institucional.  A área de Igualdade e Benestar vén de anunciar a posta en marcha do “ConciliAres”, o servizo municipal que fomenta a conciliación durante os meses de xullo e agosto, […]

Últimos días para visitar a mostra de Galicia en Foco

Se estás interesado/a en achegarte a ver unha das principais exposicións de fotoxornalismo galego, aínda estás a tempo! A 30ª edición de Galicia en Foco promovida polo Club de Prensa de Ferrol estará dispoñible ata este venres, 13 de maio, de 10:00 a 14:00 horas, no piso superior da Casa da Xuventude. A mostra recolle […]

O programa “Coidados porta a porta” habilitarase en Ares durante 4 xornadas

Victoria Montenegro, concelleira de Benestar, informou recentemente das datas nas que estará dispoñible o programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos, dentro da nosa contorna municipal. Ao longo do 19, 20, 23 e 24 de maio chegará este servizo dirixido ás persoas maiores de 55 anos nos que se […]

Ares consegue 40.000 euros para a corrección do impacto paisaxístico no núcleo de Lubre

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, recibiron onte na contorna de Lubre á delegada territorial da Xunta de Galicia, Martina Aneiros, acompañada do director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia, Enrique Salvado. As autoridades visitaron as dúas infraestruturas que serán obxecto de rehabilitación cos 40.000 euros […]

Comeza o noso DegustAres!!

Os 10 locais que participan na ruta do pincho xa teñen todo listo para que os visitedes esta fin de semana e a seguinte. É o momento perfecto de desfrutar das súas tapas e do bo tempo que se prevé para estas xornadas, amais de apoiar ó noso tecido hostaleiro! Estes son os negocios que […]

O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención para o mantemento da contratación do Director Técnico Deportivo.

O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Excma. Deputación Provincial da Coruña por importe de 15.000,00 € publicado no  BOP nº 81 do 29/042022 ao abeiro da Convocatoria:  (FO106/2022) Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de […]

O SendAres pon en marcha a última ruta da tempada inverno-primavera

O programa municipal de sendeirismo permitirá explorar Cee e Fisterra, percorrendo dúas etapas do coñecido como “epílogo” do Camiño de Santiago. O proceso de inscrición abre hoxe, ás 23:59 horas, ata o 11 de maio, con 20 prazas asignadas e 60 euros de custe, incluíndo desprazamentos, guías e aloxamento e almorzo en albergue. A Concellaría […]