Visita do segundo grupo de escolares do CPI Atios de Valdoviño

Hoxe tivemos ao segundo grupo dos escolares do CPI Atios de Valdoviño! Unha visita que se inscribe no proxecto compartido entre os dous municipios, “Ares e Valdoviño no Mar”, e que permite á rapazada coñecer elementos que identifican á nosa localidade: a importancia do mar e a pesca na identidade da vila, a práctica do […]

O Concello programa un curso para coñecer as nocións básicas dun teléfono móbil

A formación, sen custo algún para a veciñanza, destínase a persoas maiores de 55 anos que desexen aprender a empregar aplicacións e facer axustes básicos no seu smartphone. O obradoiro realizarase todos os mércores de maio, de 10:30 a 12:00 horas, no edificio de Servizos Sociais de Ares. A Concellaría de Igualdade e Benestar vén […]

A exposición “Galicia en Foco” chega a Ares coa crónica fotoxornalística do ano

A mostra recolle grandes instantáneas que sintetizan o acontecido e sentido pola poboación galega, poñendo en valor o traballo dos profesionais da comunicación. Inaugurarase o próximo xoves, 28 de abril, ás 19:30 horas na Casa da Xuventude, e estará dispoñible ata o 13 de maio. A partir da colaboración entre a Concellaría de Cultura e […]

10 locais de hostalería formarán parte do “DegustAres”, a nova ruta do pincho

A posta en marcha da iniciativa permitirá dinamizar socioeconomicamente a localidade, tanto polo consumo que se produza como pola entrega dos premios a través de vales para investir no comercio de Ares. A Concellaría de Comercio da localidade vén de comunicar os establecementos que integrarán a nova iniciativa da súa área de traballo: o DegustAres […]

A cuarta ruta do SendAres finaliza redescubrindo o patrimonio natural da localidade

Na mañá de onte, preto de 35 sendeiristas percorreron a costa aresán no penúltimo itinerario que se organiza baixo a programación municipal do SendAres (tempada inverno-primavera). Coa climatoloxía a favor e atravesando espazos de Lubre e Cervás ata acadar Chanteiro, gozáronse das vistas dos cantís e da beleza das calas, tamén da Illa das Mirandas […]

A Academia do Mar finaliza a súa primeira formación ó tecido hostaleiro aresán

Na tarde de onte, o profesor Alberto Pita afondou no proceso ideal para a preparación do café, dende o emprego adecuado da cafeteira ós axustes térmicos que garanten o mellor resultado posible. A Academia, inscrita dentro do selo Ares Ultramarino, promoverá dous cursos formativos máis destinados a traballadores, empresarios e outros postos relacionados co sector […]

Escolares do CPI Atios de Valdoviño exploran o patrimonio litoral de Ares

Dende as orixes do remo ó traballo dos redeiros no porto, os nenos e nenas visitan a localidade para entender os vínculos coa cultura mariñeira a través do proxecto de cooperación “Ares e Valdoviño no Mar”. Este proxecto inclúe intercambio de experiencias relacionadas co eido marítimo, executando preto de 15 iniciativas entre os dous municipios […]

Presentación de “GOMETS” na Alianza Aresana

A Concellaría de Cultura vén de lembrar que o próximo venres, 22 de abril ás 19.00 horas, a biblioteca municipal de Ares acollerá a presentación das dúas obras literarias de María Isabel Cagiao Branco; será unha forma de celebrar a inminencia do Día Internacional do Libro falando de literatura nun acto que conducirá a edil […]

O Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro acolle a inauguración dun novo reloxo solar

As concelleiras de Urbanismo, Olimpia Marcos, e de Turismo, Lucía Blanco, asistiron este sábado ó estreo do novo reloxo solar realizado por Lorenzo Capllonch, arquitecto técnico e licenciado en Dereito xubilado, no claustro do Mosteiro de Santa Catalina. No acto, organizado pola Asociación de Amigos do Mosteiro, achegáronse explicacións sobre o funcionamento desta tipoloxía de […]