Malia a choiva que persistiu ao longo da noite e do día, Ares recuperou as súas alfombras tras dous anos sen elas por mor da covid-19!!

Volveu así un exemplo de arte efémera e unha tradición central na identidade do noso municipio. Con traballo colectivo, esforzo e moita entrega, gozamos das alfombras e retamos ás condicións climáticas adversas!
Entrevista curricular para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como Traballadora Social do Concello de Ares
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 17 de xuño de 2022, procédese á reunión da Comisión Seleccionadora para a “CREACIÓN DUNHA BOLSA DE […]
Hoxe finalizan as xornadas de iniciación ao remo que viviron os alumnos e alumnas de ESO do CPI As Mirandas

Toda unha semana de implicación co deporte e co mar, incluíndo saídas pola ría, para entender unha parte central da identidade de Ares. Durante estes 5 días, aprenderon as nocións básicas da técnica de remo en baxo fixo; coñeceron a ‘Tombo’, adestrador das tripulacións inferiores do Club de Remo de Ares e familiarizáronse cos bateis! […]
Esta mañá o M. Presas recibiu unha visita especial!

Preto de 30 nenas e nenos do CEIP Eladia Mariño de Cabanas exploraron a antiga embarcación pesqueira e sentíronse como verdadeiros mariñeiros navegando pola ría! Foi a primeira saída ao mar con escolares desta campaña estival. Se ti tes tamén ganas de vivir unha experiencia como esta, xa sabes que podes contactar cos teléfonos 981 […]
Esta fin de semana toda a localidade ten unha cita ineludible coa tradición e a arte efémera!!

As alfombras florais regresan a Ares, xa dende a tarde-noite deste sábado, que arrancará a súa confección, ata o domingo, coa procesión. Anímate a botar unha man e a vivir unha das celebracións con maior identidade do noso municipio! Tamén lembramos que nas dúas xornadas, 18 e 19 de xuño, se organizará o Concurso de […]
Bases para a provisión en réxime laboral temporal de 7 Peóns para os Servizos Municipais de Limpeza de Praias Verán 2022.
A vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2022, publicada no BOP nº 107 de 7 de xuño de 2022, elabóranse as: BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 7 PEÓNS PARA OS SERVIZOS […]
O Concello executará a pavimentación do camiño de subida a Barracido dende Marina do Pombal

A Concellaría de Urbanismo vén de informar dunha das futuras intervencións que se acometerán no termo municipal: a pavimentación do tramo existente entre aproximadamente a saída da urbanización de Marina do Pombal ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina. A obra de mellora desta vía municipal suporá un investimento de 48.212,53 euros, asumidos entre […]
Ares acollerá a XIV Edición do Campus Chiquibásquet

A concelleira de Deportes, Noelia Montero, e Chiqui Barros, do Campus, presentaron un ano máis a tradicional iniciativa centrada na formación en baloncesto para os mozos e mozas de 5 a 18 anos. Organizarase do 1 ao 5 de agosto, coas últimas prazas a disposición dos interesados/as. O Campus Chiquibásquet volve ao municipio aresán na […]
O Concello presenta a programación cultural do verán con preto de 75 actividades

Hibridada con propostas deportivas e turísticas, a oferta da área dirixida por Alma Barrón chega a Ares co foco posto na “recuperación”. Festas populares, charlas literarias, concertos, teatro, exposicións… a localidade dinamizarase con propostas para todos os públicos. O regreso ao ritmo e desfrute dun verán prepandémico: esa é a máxima que resalta Alma Barrón, […]
Abre a Oficina de Turismo de Ares con novos servizos de guía

Neste verán, o Mosteiro de Santa Catalina verá ampliado o número de visitas guiadas, realizándose o luns e xoves, e promoveranse percorridos polo alboio de Redes os martes e venres. Tamén se mantén o aluguer de bicicletas municipais e ofrecerase información sobre as rutas marítimas e de sendeirismo que están activas. O stand de Turismo […]
Este sábado pasado, o Concello e o Club de Remo de Ares renderon homenaxe ós equipos da nosa localidade que acadaron postos destacados nas súas competicións!

Podes ver embaixo todas as categrías que recibiron o merecido recoñecemento polo esforzo e traballo que hai detrás de cada bo resultado: ALEVÍN FEMININO – Subcampionas galegas na modalidade de bateis CADETE MASCULINO – Terceiro posto a nivel galego e clasificados ao Campeonato de España na modalidade de bateis XUVENIL FEMININO – Terceiro posto a […]
ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

Do 15 de Xuño ao 15 de outubro Todas as fins de semana en horario de mañá e tarde, rutas pola ría. Entre semana, reservas con 3 días de antelación PREZOS: Adultos: 15€ Menores: 8€ RESERVA GRUPOS (12 PAX) Con 3 días de antelación 120€ Contacto e reservas: Barco: 609224223 Oficina de Turismo: 981468259 Sube […]