Abre a Oficina de Turismo de Ares con novos servizos de guía

Neste verán, o Mosteiro de Santa Catalina verá ampliado o número de visitas guiadas, realizándose o luns e xoves, e promoveranse percorridos polo alboio de Redes os martes e venres. Tamén se mantén o aluguer de bicicletas municipais e ofrecerase información sobre as rutas marítimas e de sendeirismo que están activas. O stand de Turismo […]

Este sábado pasado, o Concello e o Club de Remo de Ares renderon homenaxe ós equipos da nosa localidade que acadaron postos destacados nas súas competicións!

Podes ver embaixo todas as categrías que recibiron o merecido recoñecemento polo esforzo e traballo que hai detrás de cada bo resultado: ALEVÍN FEMININO – Subcampionas galegas na modalidade de bateis CADETE MASCULINO – Terceiro posto a nivel galego e clasificados ao Campeonato de España na modalidade de bateis XUVENIL FEMININO – Terceiro posto a […]

ARES DESDE O MAR 2022 NAVEGA CONNOSCO

Do 15 de Xuño ao 15 de outubro Todas as fins de semana en horario de mañá e tarde, rutas pola ría. Entre semana, reservas con 3 días de antelación PREZOS: Adultos: 15€ Menores: 8€ RESERVA GRUPOS (12 PAX) Con 3 días de antelación 120€ Contacto e reservas: Barco: 609224223 Oficina de Turismo: 981468259 Sube […]

Ares comeza coas rutas turísticas en barco pola ría

O Concello lanza o servizo de “Ares desde o Mar” para explorar e percorrer os principais puntos costeiros do municipio. A posta en valor do patrimonio litoral e a divulgación da cultura mariñeira serán os dous eixos da iniciativa. A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, vén de anunciar esta mesma mañá as novidades relacionadas co […]

Aviso corte de Auga

O Servizo Municipal de Augas informa de que mañá, mércores, 15 de xuño, se procederá á interrupción temporal do subministro dende as 08:30 horas ata a finalización das obras de reparación dunha fuga. O corte abarcará as rúas Avenida de Mugardos —dende o edificio de Asturgal ata o cruce de Celso Emilio Ferreiro —; a […]

Esta semana, o alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI As Mirandas goza do remo!

Preto de 80 estudantes participan nas xornadas de iniciación para coñecer un deporte fundamental en Ares, a súa historia e tamén a técnica que require a súa práctica. Na presentación desta acción, organizada onte, achegáronse ao ergómetro e ás embarcacións, co recibimento no Club Remo de Ares! As xornadas continuarán ata o venres, con saídas […]

A poesía e a música encheron a fin de semana do municipio

A través da programación da área de Cultura, a veciñanza puido coñecer o primeiro poemario de Antonio Seijas, “Teorías do Fin”, no salón de actos da Alianza Aresana. Unha tarde especial para acompañar ao autor e artista aresán na súa introducción no eido poético! No acto, introducido pola concelleira Alma Barrón, a escritora Andrea Maceiras […]

O sendeirismo en Ares non para!

Esta fin de semana, levouse a cabo a primeira ruta do SendAres na súa tempada de verán, mantendo as máximas de toda a proposta da Concellaría de Deportes: explorar espazos de gran valor natural a través da práctica deportiva. Os sendeiristas descubriron a biodiversidade arredor do río Sor, discurrindo sempre polas súas marxes, e puideron […]

VERANEARES DEPORTIVO 2022

Descubre as principais propostas deportivas municipais CAMPAMENTO DEPORTIVO URBÁN – IDADE E PRAZAS: De 6 a 12 anos – poderán participar só os nen@s con 6 anos ou que os cumpran na anualidade de 2022. 50 prazas para o campamento. – LUGARES E HORARIOS: No pavillón municipal e espazos exteriores da vla (parques, prazas, praia…). […]

Alumnado do CPI As Mirandas celebra o Día dos Océanos cunha acción de limpeza nas praias urbanas de Ares

A actividade, recuperada tras adiarse o mércores pola climatoloxía adversa, materialízase baixo o nome “Mares Circulares”, co-organizada entre o Concello, o centro educativo, Coca-Cola e a Asociación Chelonia. Dende o paseo marítimo do núcleo urbano, veciñanza e visitantes convertéronse en testemuñas da acción que se estivo executando esta mañá nas diferentes praias que se espallan […]