Se estás interesado/a en acudir ao espectáculo “A Peste”, unha adaptación teatral da novela homónima de Albert Camus, aínda estás a tempo!

A actividade, aprazada por mor da covid-19, vén de recuperarse por parte da Concellaría de Cultura e o Centro Dramático Galego de Santiago de Compostela, asignando o sábado, 26 de febreiro, coma nova data de realización. As condicións manteranse iguais: tanto entrada ao espectáculo coma transporte serán gratuítos para as persoas inscritas. O autobús sairá […]
“Móvete pola Igualdade”, unha marcha pedestre arredor de Ares para conmemorar o Día Internacional da Muller

As Concellarías de Deportes e Benestar e Igualdade organizan un evento que aglutina celebración e práctica deportiva a prol da participación igualitaria da muller na sociedade. A marcha levarase a cabo o 12 de marzo, mais abrirá hoxe mesmo o seu prazo de inscrición, estendéndose ata o 8 de marzo ás 13.00 horas. As Concellarías […]
Ares súmase á conmemoración do Día de Rosalía mesturando programacións dixitais e físicas

Este mércores, 16, o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade arranca unha campaña virtual de caracterizacións da poeta galega, invitando á veciñanza aresán a enviar as súas fotografías. A Concellaría de Cultura tamén organizará dúas actividades máis nas xornadas do 23 e 24 de febreiro que serven como homenaxe a Rosalía. A contorna de Ares […]
O Concello renova a colaboración con Antonio Seijas para o deseño do agasallo institucional

O artista aresán entregou esta semana a súa composición da Illa das Mirandas, un elemento paisaxístico que sintetizaría a identidade de Ares. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, recibiu este martes pasado o novo deseño do obsequio corporativo do Concello, un encargo elaborado polo premiado artista local Antonio Seijas con acrílicos sobre lenzo, posteriormente capturado […]
Pleno do día 10 de febreiro 2022
Pleno Municipal Sesión extraordinaria Descargar pdf
Ares aproba a proposta de inversión do POS+2022 da Deputación

A maior partida orzamentaria, 156.285 euros, está destinada á mellora de servizos e pavimentación na rúa San Xosé, que tamén contará cunha inversión de carácter municipal próxima aos 14.500 euros. A maiores, os programas de emerxencia social e Servizo de Axuda no Fogar (SAF) veranse reforzados. O Concello de Ares vén de aprobar na sesión […]
Aprazada a visita ao Centro Dramático Galego por positivos en covid-19

A actividade cambiará a súa data ao 26 de febreiro, mantendo todas as condicións de gratuidade e desprazamento. As persoas xa inscritas serán contactadas para confirmar o seu interese e/ou dispoñibilidade na nova programación do evento. A área de Cultura vén de comunicar esta mañá o aprazamento da visita ao espectáculo teatral “A Peste”, no […]
4 de febreiro, conmemoración do Día Mundial contra o Cancro

O Concello de Ares únese ao #DíaMundialContraOCancro para mandar unha mensaxe de apoio e forza a todas as persoas que padecen esta enfermidade, mais tamén aos seres queridos, familias e profesionais da saúde que axudan na loita para superala.
Representación teatral do Grupo de Teatro “DONAS” coa comedia DON PERO “El emparedado”

Lembramos que mañá, sábado, 5 de febreiro, arranca a programación cultural do mes coa actuación teatral do grupo Donas! Será unha comedia de hilarante posta en escena, un espectáculo propio e en verso baixo o nome “Don Pero el Emparedado”. Levarase a cabo ás 19.00 horas na Alianza Aresana, con entrada libre ata completar aforo.
Ares licita os traballos de mellora do acceso á praia do Xuncal dende Os Castro

A intervención afectará ás escaleiras, a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, con deficiencias no estado da madeira que as conforman As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de febreiro. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a licitación das obras para a mellora da accesibilidade e […]
A Corporación aproba a ordenanza de uso social do galego na administración local

O documento regulador recolle o emprego da lingua na atención ao público, as publicacións informativas, a rotulación ou a xestión dos nomes das rúas. Iolanda Gomis, técnica no Servizo de Normalización Lingüística municipal, expuxo a importancia de protexer a toponimia e a riqueza lingüística de Ares coma unha forma de proxectarse no mundo. O Pleno […]
A área de Cultura programa unha visita ao Centro Dramático Galego de Compostela

A veciñanza poderá acudir ao espectáculo “A Peste” completamente de balde, incluíndo o desprazamento en autobús dende Ares. A actividade desenvolverase o sábado, 12 de febreiro, saíndo da vila ás 17.45 e regresando aproximadamente ás 23.00 horas, baixo reserva previa na Alianza Aresana. O Concello súmase á iniciativa lanzada polo Centro Dramático Galego para facilitar […]