Dúas marchas, o proxecto “Control Off” e un monólogo de educación afectiva e sexual para reivindicar a igualdade de xénero

O 8M permitirá que comunidade educativa, Concello e veciñanza participen conxuntamente en múltiples actividades a prol dunha sociedade xusta e libre de violencia machista. Hoxe, 4 de marzo, abrirá a programación municipal co monólogo de Patty Diphusa, “Sexo seguro, Seguro? Seguro!” e pecharase o sábado, 12, con “Móvete pola Igualdade”. O Concello de Ares vén […]
O Concello arranca coa terceira ruta da programación do SendAres

Esta noite do xoves, 3 de marzo, ás 23.59 horas abrirá o período de inscrición para as persoas interesadas en acudir á circular Soaserra (Cabanas) – Caaveiro. A actividade organizarase o 19 de marzo, incluíndo nos 10 euros de prezo o desprazamento, e contará cunha ampliación do número de prazas, pasando de 20 a 40. […]
Humor, amor e educación afectivo-sexual na biblioteca municipal de Ares

O próximo venres, 4 de marzo ás 19.00 horas, a artista coruñesa Malala Ricoy (Patty Diphusa) reflexionará con moita comicidade sobre a maneira na que se constrúen as nosas relacións íntimas. O monólogo que chega a Ares é parte das actividades do Día da Muller, dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña, e está […]
Itinerario De Móvete pola Igualdade

A Organización da marcha pedestre “Móvete pola Igualdade” vén de anunciar o percorrido do evento, uns 3,5 quilómetros que rodean o núcleo urbano de Ares, comezando e finalizando na Praza da Igrexa. A actividade arrancará o 12 de marzo sobre ás 11.30 horas, mais haberá previamente un quentamento grupal e unha lectura de manifesto a […]
A Corporación aproba dúas declaracións institucionais para rexeitar rotundamente o conflito de Ucraína

A maiores, tamén se proxecta dende a noite pasada as cores da bandeira ucraína sobre a casa consistorial, nun acto de respecto e cariño cara a poboación do país. Todos os grupos políticos que compoñen a corporación municipal aprobaron por unanimidade, na sesión plenaria de onte, acollerse ás declaracións institucionais emitidas pola Federación Española de […]
Pleno do día 28 de febreiro 2022
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar pdf
Minuto de silencio por mor do naufraxio do buque Villa de Pitanxo

Na sesión plenaria de hoxe, 28 de febreiro, toda a corporación municipal mantivo un minuto de silencio por mor do naufraxio do buque Villa de Pitanxo, en respecto ás víctimas e en apoio ás súas familias.
Visita ao Centro Dramático Galego (CDG) de Compostela!

Esta fin de semana, unhas case 40 veciñas e veciños achegáronse a Santiago para ver o espectáculo “A Peste”, a adaptación teatral da novela de Camus dirixida e asinada por Cándido Pazó. A iniciativa, organizada entre a Concellaría de Cultura e o Centro Dramático Galego, promoveu a accesibilidade ao teatro sufragando tanto o desprazamento coma […]
Arrancan os traballos para renovar a iluminación das áreas de Redes e Ares

A actuación permitirá mellorar notablemente en termos de eficiencia enerxética, substituíndo as actuais luminarias por unhas novas de tipo LED. Contan cun orzamento de 320.128,71 euros, repartidos entre fondos municipais e o Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE), e supoñen unha das últimas obras relacionadas coa modernización enerxética da vila O núcleo […]
Súmate a “Móvete pola Igualdade”!

A marcha pedestre promovida dende as Concellarías de Deportes e Igualdade e Benestar levarase a cabo o 12 de marzo, mais se estás pensando en participar, xa podes inscribirte telematicamente na nosa páxina web municipal. O evento é totalmente de balde e permitirá celebrar e reivindicar a inclusión igualitaria da muller na sociedade a través […]
23 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

Hoxe conmemoramos o nacemento dunha das poetas centrais da nosa literatura! A autora de Cantares galegos ou Follas Novas tamén se converte nunha das bases da identidade galega. E para celebralo, a maiores de programar dúas actividades na biblioteca municipal este 23 e 24 de febreiro, a Concellaría de Cultura tamén comparte as fotografías recibidas […]
Ares celebra o entroido co foco posto nos máis pequenos

O mércores, 2 de marzo, a pista do CPI As Mirandas acollerá dende as 17.00 horas obradoiros, inchables e ata unha área de xogos xigantes. Sobre as 19.30, haberá tamén a tradicional queima do entroido. Malia organizarse en exteriores, será necesario levar máscara ao prever grande afluencia, de cara a manter a hixiene e seguridade […]