O programa “Coidados porta a porta” habilitarase en Ares durante 4 xornadas

Victoria Montenegro, concelleira de Benestar, informou recentemente das datas nas que estará dispoñible o programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos, dentro da nosa contorna municipal. Ao longo do 19, 20, 23 e 24 de maio chegará este servizo dirixido ás persoas maiores de 55 anos nos que se […]
Estudantes do CPI As Mirandas de Ares aproxímanse á cultura do surf en Valdoviño

No marco do proxecto “Ares e Valdoviño no Mar”, visitaron esta mañá o Océano Surf Museo e desprazáronse á praia de Vilarrube para realizar unha sesión de iniciación e unha actividade medio ambiental Valdoviño, 6 de maio de 2022. O numeroso grupo de 2º da ESO do CPI As Mirandas de Ares visitaba esta mañá […]
Ares consegue 40.000 euros para a corrección do impacto paisaxístico no núcleo de Lubre

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e a concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, recibiron onte na contorna de Lubre á delegada territorial da Xunta de Galicia, Martina Aneiros, acompañada do director do Instituto de Estudos do Territorio de Galicia, Enrique Salvado. As autoridades visitaron as dúas infraestruturas que serán obxecto de rehabilitación cos 40.000 euros […]
Comeza o noso DegustAres!!

Os 10 locais que participan na ruta do pincho xa teñen todo listo para que os visitedes esta fin de semana e a seguinte. É o momento perfecto de desfrutar das súas tapas e do bo tempo que se prevé para estas xornadas, amais de apoiar ó noso tecido hostaleiro! Estes son os negocios que […]
O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención para o mantemento da contratación do Director Técnico Deportivo.
O Concello de Ares resulta beneficiado de una subvención da Excma. Deputación Provincial da Coruña por importe de 15.000,00 € publicado no BOP nº 81 do 29/042022 ao abeiro da Convocatoria: (FO106/2022) Convocatoria do programa de subvencións a concellos e outras entidades locais para o mantemento ou contratación de persoal técnico nos servizos municipais de […]
O SendAres pon en marcha a última ruta da tempada inverno-primavera

O programa municipal de sendeirismo permitirá explorar Cee e Fisterra, percorrendo dúas etapas do coñecido como “epílogo” do Camiño de Santiago. O proceso de inscrición abre hoxe, ás 23:59 horas, ata o 11 de maio, con 20 prazas asignadas e 60 euros de custe, incluíndo desprazamentos, guías e aloxamento e almorzo en albergue. A Concellaría […]
Visita do segundo grupo de escolares do CPI Atios de Valdoviño

Hoxe tivemos ao segundo grupo dos escolares do CPI Atios de Valdoviño! Unha visita que se inscribe no proxecto compartido entre os dous municipios, “Ares e Valdoviño no Mar”, e que permite á rapazada coñecer elementos que identifican á nosa localidade: a importancia do mar e a pesca na identidade da vila, a práctica do […]
O Concello programa un curso para coñecer as nocións básicas dun teléfono móbil

A formación, sen custo algún para a veciñanza, destínase a persoas maiores de 55 anos que desexen aprender a empregar aplicacións e facer axustes básicos no seu smartphone. O obradoiro realizarase todos os mércores de maio, de 10:30 a 12:00 horas, no edificio de Servizos Sociais de Ares. A Concellaría de Igualdade e Benestar vén […]
A exposición “Galicia en Foco” chega a Ares coa crónica fotoxornalística do ano

A mostra recolle grandes instantáneas que sintetizan o acontecido e sentido pola poboación galega, poñendo en valor o traballo dos profesionais da comunicación. Inaugurarase o próximo xoves, 28 de abril, ás 19:30 horas na Casa da Xuventude, e estará dispoñible ata o 13 de maio. A partir da colaboración entre a Concellaría de Cultura e […]
Pleno do día 25 de abril 2022
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar pdf
Súmate ó segundo curso da Academia do Mar, a iniciativa de divulgación e formación ó tecido hostaleiro dentro da proposta de Ares Ultramarino.

Como facer unha boa folla de cálculo para saber os costes dos nosos menús? Podemos aproveitar ao máximo os peixes, tendo en conta as súas mermas? Como sabemos o prezo que podemos establecer para cada prato, xunto cos ingresos que nos reportan? Se queres aprender a contestar profesionalmente a estas cuestións, súmate este mércores […]
10 locais de hostalería formarán parte do “DegustAres”, a nova ruta do pincho

A posta en marcha da iniciativa permitirá dinamizar socioeconomicamente a localidade, tanto polo consumo que se produza como pola entrega dos premios a través de vales para investir no comercio de Ares. A Concellaría de Comercio da localidade vén de comunicar os establecementos que integrarán a nova iniciativa da súa área de traballo: o DegustAres […]