O punto limpo móbil xa está instalado en Lubre, na contorna da igrexa románica

Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Ares homenaxea a Rosalía de Castro e os seus Cantares Galegos baixo o ritmo do ukelele

A programación municipal polo Día de Rosalía chegará mañá, mércores 21 de febreiro, ao salón de actos da Alianza Aresana coa actuación de Antón Ke ás 18:00 horas. A localidade súmase así á celebración dunha das datas máis sinaladas do calendario cultural galego, a que lembra a pegada da poeta galega na nosa sociedade. A […]
Coa súa dose de espectacularidade, un dos mellores bosques conservados da provincia da Coruña despregouse durante a xornada de onte ante a ollada dos camiñantes do Sendares, o programa municipal de sendeirismo da Concellaría de Deporte.

Preto de 25 participantes exploraron a Ribeira do Río Sor, en Mañón, e gozaron da paisaxe máis próxima serpenteando polas ladeiras do monte. 14 quilómetros de natureza, de tranquilidade e práctica deportiva que tamén deixamos para a lembranza aquí embaixo. #ViveoDeporteViveAres!!
A exposición Galicia en Foco xa está dispoñible para toda a veciñanza

A concelleira de Cultura da localidade, Alma Barrón, inaugurou o venres pasado a colección fotográfica, que estará en Ares até o 29 de febreiro no último andar da Casa da Xuventude. Veciños e veciñas poderán achegarse en horario de 10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 19:00 h., os martes, xoves e venres, e […]
Proceso Selectivo Para A Selección Para A Selección Do Persoal Docente Da Especialidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” promovido polos Concellos de Mugardos, Ares e Fene
ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS (SEGUNDA CONVOCATORIA) O Tribunal que xulga o proceso selectivo de docente da especialidade SSCS02008 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, […]
O sábado, 9 de marzo, é o momento para reivindicar máis avances nos dereitos das mulleres

Por iso mesmo o Concello organiza “Camiña pola Igualdade”, unha marcha que sirva coma reflexión do camiño percorrido e do que aínda queda por percorrer en materia de igualdade. Se ti tamén queres reivindicar unha sociedade máis xusta, bota unha ollada á información dispoñible na páxina web institucional e elixe o teu percorrido: RUTA 1: […]
Sofía Puente, terapeuta ocupacional e responsable da Área Sanitaria de Ferrol da Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS), achegouse onte ó salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar da man da veciñanza sobre as circunstancias que rodean unha xubilación de calidade.

Cando un se xubila, como procurar un propósito? Como afrontar un envellecemento saudable ou mesmo xestionar o impacto dun cambio de rol coma o que se produce na xubilación? Foron algunhas das preguntas sobre as que se estruturou a charla, unha actividade que se inscribe no marco da Academia AresXSalud, a iniciativa do Concello composta […]
Minions, dráculas, meigas, algúns animais salvaxes e ata superheroes deixáronse ver onte na Praza da Constitucion de Ares!!

A vila celebrou o Entroido 2024 con boa música, con moito doce e gozando dos minikarts, os obradoiros de maquillaxe e antifaces ou os inchables. Pequenos e maiores sumáronse á programación municipal, en colaboración coa Sociedade Cultural O Tilo, Protección Civil e o Grupo de Gaitas Aresán, e remataron a xornada coa tradicional queima do […]
O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTACA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega)
O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K. O importe de actuación ascende a 27.448,40 […]
O Concello de Ares e o Club de Prensa de Ferrol inauguran a 32ª Edición de Galicia en Foco, unha mostra do mellor fotoxornalismo galego

Mañá, ás 18:00 horas na Casa da Xuventude, producirase a inauguración oficial da exposición coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa ferrolán. Dende o próximo luns, 19, até o 29 de febreiro, a veciñanza poderá gozar desta recompilación de grandes momentos sociais, políticos e culturais capturados […]
Tes unha obra en galego que aborde a temática da emigración galega? Pois entón o II Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares estache agardando!

Cada participante pode presentar un orixinal inédito e que fale do proceso migratorio alén do mar, aínda que tamén pode tratar de calquera outro lugar do mundo. Non é necesario que a emigración sexa o tema central da novela, pero si debe formar parte da trama ou da vida dalgunha das personaxes. Ata o 10 […]
Este xoves, 15 de febreiro, nova charla divulgativa da Academia AresXSalud: “Xubilación, e agora que?”

A Alianza Aresana acollerá o xoves ás 19:00 horas unha nova ponencia para divulgar que hai máis aló da xubilación e que circunstancias permiten construír unha boa rutina en termos de saúde despois de xubilarse. Estará impartida pola terapeuta ocupacional Sofía Puente Saavedra, tamén responsable da área sanitaria de Ferrol da Rede Galega de Promoción […]