O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTACA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K. O importe de actuación ascende a 27.448,40 […]

O Concello de Ares e o Club de Prensa de Ferrol inauguran a 32ª Edición de Galicia en Foco, unha mostra do mellor fotoxornalismo galego

Mañá, ás 18:00 horas na Casa da Xuventude, producirase a inauguración oficial da exposición coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa ferrolán. Dende o próximo luns, 19, até o 29 de febreiro, a veciñanza poderá gozar desta recompilación de grandes momentos sociais, políticos e culturais capturados […]

E mañá temos Entroido en Ares!!

Inchables, área de xogos, minikarts, obradoiros de maquillaxe e antifaces, chocolate e orellas… todo iso e máis para pasalo ben xuntos, no marco da programación da Concellaría de Cultura. As actividades desenvólvense na Praza da Constitución de 17:00 h. en adiante.  Xa sabes: non quedes sen sumarte á xa tradicional queima do entroido!

O venres pasado, o salón de actos da Alianza Aresana encheuse para ollar de maneira distinta a dor e a enfermidade!

Camilo Prieto Rivas, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, graduado en Fisioterapia e con múltiples especializacións en readaptacións funcionais deportivas, impartiu a charla “Maiores e Dor” e afondou nunha máxima fundamental: “A dor é necesaria, pero o sufrimento é opcional”. A ponencia enmárcase dentro da Academia AresXSalud, unha iniciativa para achegar coñecemento […]

Arrancan os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da rúa Os Anxos

Centraranse na renovación da rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, amais de materializar obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención supón un investimento próximo aos 100.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo informou hoxe mesmo do inicio das obras nun tramo da […]

O Concello abre hoxe, 8 de febreiro, o prazo para inscribirse nas andainas de Camiña pola Igualdade, o evento que conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, na vila.

Lembra que tes dous itinerarios durante a mañá do sábado, 9 de marzo: un de 10 kms. e outro de 1km., confluíndo na Praza da Constitución de Ares para a lectura dun manifesto reivindicativo a prol dos dereitos das mulleres na sociedade actual. A inscrición é totalmente de balde e podes formalizala na seguinte ligazón: […]

CAMIÑA POLA IGUALDADE! 2024

9 DE MARZO Saídas e chegadas dende a praza da constitución Elixe o teu percorrido e inscríbete! RUTA 1: Andaina – 10 kms aprox. – 10:00h Cunha dificultade media-baixa, é un itinerario que saíndo da praza da Constitución, discurrirá pola costa de Ares cara a Redes, ata achegarnos á Praza do Pedregal, para logo regresar […]