O Campus Chiquibásquet de Nadal prepárase para a súa oitava edición en Ares, co obxectivo de achegar o baloncesto aos rapaces e rapazas interesadas en iniciarse nesta disciplina.

O VIII Chiquibásquet Nadal, dirixido por Chiqui Barros e coa colaboración do Concello de Ares, levarase a cabo o 27, 28 e 29 de decembro no pavillón polideportivo aresano, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Hai un total de 20 prazas dispoñibles, e as inscricións xa están abertas cunha tarifa de 50 euros por […]

BANDO: co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións o 29 de novembro

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 29 de novembro, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]

Esta semana, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha sesión do taller “Control Off”, profundando nas novas masculinidades e a prevención da violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado.

A través da proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos fundamentais dunha sociedade máis igualitaria. A sesión estivo a cargo de Rubén Villar Trenco, psicólogo graduado pola USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller. Doutra banda, os estudantes de 4º da ESO tamén participaron nun encontro sobre agresións sexuais e […]

Ares contra a Violencia de Xénero

O Concello de Ares únese nestes días ás reivindicacións do sábado, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada que demanda o fin de toda forma de violencia machista e que busca unha sociedade máis xusta, fundamentada na igualdade de xénero. Así mesmo, durante estas noites, o consistorio exhibirá […]

A xornada de portas abertas da nova actividade +70, impulsada pola Concellería de Benestar do Concello de Ares, foi todo un éxito esta mañá, coa participación de máis de 20 persoas!

Deseñada para promover hábitos saudables entre os maiores de 70 anos, a actividade +70 ofrece un enfoque integral que inclúe educación física, psicoloxía, alimentación e fisioterapia. Durante a xornada, os participantes viviron de preto as distintas disciplinas que conforman esta iniciativa. A partir de agora, a actividade +70 levarase a cabo todos os venres, de […]

Finalizadas as Obras para a Recuperación do Camiño de As Salgueiras en Chanteiro

A Concellaría de Urbanismo anunciou a finalización dos traballos para a recuperación e posta en valor do camiño das Salgueiras en Chanteiro. Segundo explicou a concelleira Olimpia Marcos, esta obra trátase dunha “importante intervención para resaltar a beleza do litoral da enseada da praia de Chanteiro, que permite a conexión entre o areal e o […]

Bases do Proceso Selectivo para a Formación dunha Bolsa de Traballo para realizar Contratacións Laborais Temporais ou Nomeamentos Interinos de Persoal como Traballador/a Social.

Convocatoria bolsa traballador/a social EDICTO Aprobadas na Xunta Local de Goberno do día 30 de outubro de 2023 as Bases do proceso selectivo para a forma-        ción dunha bolsa de traballo para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como traballador/a social así como á vista de que durante o ano 2023 a […]

O Concello de Ares, a través do Centro de Información á Muller (CIM) de Servizos Sociais, organiza unha xornada formativa centrada na problemática da violencia de xénero e a súa vinculación co sistema educativo.

Este evento levarase a cabo o vindeiro luns, 27 de novembro, na Alianza Aresana, con sesións tanto en horario de mañá como de tarde. A actividade conta cun programa integral que consta de 4 relatorios e 1 mesa redonda, a cargo de profesionais especializados nos ámbitos social e xurídico, con formación específica en igualdade e […]