Finalizan as obras de renovación da cuberta do Local de Ensaio “Gildo Illobre” en Lubre

Cun orzamento de 21.417,98 euros, a nova cuberta mellora a estrutura do edificio e a súa integración coa contorna, preservando a estética do lugar. A Concellaría de Urbanismo da localidade anunciou a finalización das obras de renovación da cuberta do edificio que alberga o local de ensaio “Gildo Illobre” en Lubre. Esta importante intervención, que […]

BANDO: corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos o 1 de xuño do 2023

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: Que con motivo da realización da obra de “Camiños Escolares Seguros”, procederase ao corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos, no tramo que comprende dende a Porta do Sol ata a avenida de Mugardos. Dito corte estaba previsto dende […]

VOTO DE CHANTEIRO 2023

Festa, tradición e devoción Martes 30 de maio de 2023. 10:30 horas: Saída de autobuses de Mugardos e Ares. Ruta en bus dende Mugardos: inicio en San Xoan de Pieiro e paso por O Seixo, Franza, A Pedreira e Mugardos. Ruta en bus dende Ares: inicio en Pedregal e paso por Pezoas, Seselle, Porta do […]

AVISO: Concello de Ares

O próximo martes, 30 de maio, as dependencias municipais permanecerán pechadas con motivo da festividade local do Voto de Chanteiro.

BANDO: corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos o 31 de maio do 2023

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: Que con motivo da realización da obra de “Camiños Escolares Seguros”, procederase ao corte de tráfico rodado na rúa Os Anxos, no tramo que comprende dende a Porta do Sol ata a avenida de Mugardos, a partir do mércores, 31 […]

Mabel Espiñeira presentará a súa nova obra “Anatema” o venres 2 de xuño ás 20:00 horas na Alianza Aresana.

A autora galega, coñecida polas súas premiadas novelas como “Hijos de la Bruma” e “Fuego purificador”, compartirá detalles sobre o seu proceso creativo. Os asistentes á presentación literaria poderán adentrarse no mundo máxico de “Anatema”, explorando as profundidades da mente humana e os misterios que rodean aos protagonistas. A obra promete desafiar convencións e introducir […]

Apunta a data da nova visita a Ares de “Coidados porta a porta”.

A unidade móbil do programa, que impulsa a Xunta, en colaboración cos concellos, para achegar servizos asistenciais aos maiores, estará na Avenida Saavedra Meneses (altura do “Pez Rojo”) os días 19, 20 e 21 de xuño. Os veciños e veciñas de Ares, de máis de 55 anos, xa poden pedir cita para consulta cos especialistas […]

A Concellaría de Igualdade e Benestar e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer (AFAL) Ferrolterra únense para organizar unhas xornadas formativas sobre demencias e alzhéimer.

Estas xornadas, que se levarán a cabo os días 31 de maio e 1 de xuño, contarán coa participación de expertos e estarán dirixidas a familias en busca de información e apoio. O programa incluirá temas como sintomatoloxía, tratamentos e consellos prácticos sobre coidados. A inscrición é gratuíta e pódese realizar chamando ao 981 448 […]

O SendAres pon en marcha a última ruta da tempada 22-23

O programa de sendeirismo municipal terminará cunha ruta polo Golfo Ártabro, cun percorrido pola costa dende Ares a Chanteiro, por un prezo de 8 euros. A inscrición abrirá hoxe, 26 de maio, ás 23:59 horas, e estenderase ata o 11 de xuño ou o remate das 50  prazas habilitadas. A Concellaría de Deportes encara a […]

As zonas de baño de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle obteñen a clasificación sanitaria final de “Excelente” para a tempada de baño 2023.

Esta clasificación é outorgada en cumprimento do Real Decreto 1341/2007, que establece a xestión da calidade das augas de baño.  De acordo aos parámetros desta normativa, as autoridades sanitarias da Xunta determinaron a clasificación sanitaria final das zonas de baño situadas no munipicio de Ares. Así, as praias de Ares, Chanteiro, O Raso e Seselle […]