Divas de Diván encheron a biblioteca municipal de Ares!!
Enchéronna de xente, mais tamén de gargalladas para falar de mulleres, de erotismo e sexualidade. Vero Rilo, Ángeles Goás e Carmen Conde, de Tarabela Creativa, despediron o seu espectáculo por todo o alto: narrando, cada unha delas na súa cadeira, contos eróticos cargados de humor. Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou a tarde […]
Ares camiñará pola igualdade para conmemorar o Día Internacional da Muller
Ata o 6 de marzo, o Concello está recollendo as inscricións de “Camiña pola Igualdade”, dous itinerarios deseñados para que a localidade se sume ás reivindicacións do Día Internacional da Muller. Lembra que se realizarán durante o sábado, 11 de marzo, e que a participación é totalmente gratuíta. Enche o formulario telemático que se habilitou […]
Non tes plan para esta tarde? Pois anota, porque na biblioteca municipal de Ares podes botar unhas risas e pasalo ben con “Divas de Diván”, o espectáculo de Tarabela Creativa que nos fala de sexualidade, de pracer e de desexos moi á galega!
Achégate por alí ás 20:00 horas e desfruta desta iniciativa que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa Deputación da Coruña.
Plan de Sostenibilidade Turística en destino das Baterías da Costa Ártabra
Se perteneces ao empresariado turístico ou tes relación profesional directa coa cultura ou a memoria histórica de Ferrolterra, participa coas túas aportacións no Plan de Sostenibilidade Turística das Baterías da Costa Ártabra que está a desenvolver a Deputación da Coruña, co obxectivo de presentalo á convocatoria extraordinaria da Secretaría de Estado de Turismo para o […]
Aprobación inicial Estudo de Detalle para ordenación de parcela en conxunto edificatorio no Lg de As Regueiras, Caamouco.
Por acordo da Xunta Local de Goberno do día 27-02-2023 aprobouse inicialmente o seguinte Estudo de detalle: Tipo de instrumento: Estudo de detalle Ámbito: Parcela lugar de As Regueiras-Caamouco Instrumento que desenvolve: Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ares Obxecto: Ordenar volumenes Clasificación do solo: Solo urbano Cualificación do solo: Ordenanza 6 “Edificación extensiva” grado […]
Dous itinerarios para reivindicar a igualdade de xénero
No marco de Camiña pola Igualdade, a iniciativa para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller, no municipio, o Concello organiza dúas rutas totalmente de balde para a veciñanza! As dúas realizaranse o sábado, 11 de marzo, arrancando e finalizando na Praza da Constitución de Ares, e precisarán de reserva previa. RUTA 1 (Inicio ás […]
“Divás de Diván” en Ares: unha actuación sobre o pracer, os desexos e a sexualidade galega
A Alianza Aresana acollerá este mesmo venres, ás 20:00 horas, este espectáculo de Tarabela Creativa para adultos/as da localidade que, ademais, se pon en relación coa programación municipal para conmemorar o 8M, Día Internacional da Muller. Terá entrada libre ata completar o aforo do salón de actos. A Concellaría de Cultura da localidade, en colaboración […]
O punto limpo móbil do Concello xa está instalado dende pola mañá na contorna de Barracido!
É a primeira parada do seu percorrido ao longo de marzo para achegar a recollida de residuos á veciñanza. Alí permanecerá toda a semana antes de dirixirse ao seguinte punto do seu itinerario: a parroquia de Cervás.
Cafés, doces… e moita literatura!! Dende mesmo antes da pandemia, o equipo bibliotecario da Alianza Aresana coordina o club de lectura municipal para incentivar o hábito de ler e a socialización.
A través dunha conversa tranquila, afóndanse nas personaxes, achéganse impresión persoais sobre as tramas e as novelas cobran, pouco a pouco, novas perspectivas grazas ás reunións! Así, preto do peche de cada mes, o club de lectura aresán xúntase para pasar un bo rato en compañía dos libros e das veciñas e veciños. Na penúltima […]
Este sábado pasado, o salón de actos da Alianza Aresana converteuse nun espazo para a celebración e o recoñecemento.
O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, presidiu o acto de homenaxe ós éxitos dos deportistas do Club de Tenis de Redes, gañadores de Campionatos Galegos ao longo de 2022 en múltiples categorías, dende alevíns a junior/cadete ou veteráns. O rexedor e os membros do seu grupo de goberno entregaron as medallas conmemorativas do evento, […]
Inscricións abertas para a ruta 6 do SendAres: Meirás-Praia de Ponzos
Lembra que esta mesma tarde do 24 de febreiro abriu o prazo de inscrición nesta iniciativa promovida pola área de Deportes. Podes reservar unha das 25 prazas habilitadas a través do formulario telemático que atoparás na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten un prezo de 15 euros e promoverase […]
Ares celebra o Día de Rosalía
Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI As Mirandas desfrutaron esta mañá do contacontos “A miña historia”, unha revisión da vida de Rosalía de Castro a través dos seus propios textos. Dende onte, 23 de febreiro, a casa consistorial loce a pancarta que homenaxea a unha figura central na […]