Se queres obter un certificado electrónico para relacionarte coas administracións públicas, tes unha oportunidade durante o venres, 3 de febreiro, ás 11:30 horas na Alianza Aresana!

Varios funcionarios e funcionarias da Subdelegación do Goberno de España na Coruña estarán alí para resolver as túas dúbidas sobre a administración dixital, pero tamén para tramitar in situ o certificado da Fábrica Nacional de la Moneda y Timbre, o que maiores posibilidades de interación ofrece co conxunto das entidades públicas. A iniciativa é parte […]

Unhas vinte persoas súmanse ó curso gratuíto de nocións básicas dun teléfono móbil

A iniciativa formativa organizada pola Concellaría de Igualdade e Benestar arrancou esta mesma mañá na Casa da Xuventude co obxectivo de axudar ás persoas maiores de 55 anos a entender as posibilidades dun smartphone. A partir de agora, todos os mércores realizaranse sesións para aprender a utilizar aplicacións de mensaxes, xestionar fotografías e vídeos, empregar […]

Durante este sábado pasado, o casino aresano acolleu un novo Open Concello de Ares de Dominó organizado por Xabre e a Federación Galega de Dominó coa colaboración da Concellaría de Deportes!

O evento terminou co equipo de Xabre A coma gañador, seguido no segundo e terceiro postos por Forcarei e Chantada, respectivamente. Para oficializar o peche do Open de Dominó, Luis Cendán, en representación do concello aresán, entregou os galardóns polas clasificacións obtidas no torneo. Parabéns aos participantes!!

O plan “La Administración cerca de ti” chega a Ares para resolver dúbidas e facilitar a expedición do certificado dixital

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá esta actividade programada dende a Subdelegación do Goberno de España para o próximo venres, 3 de febreiro, ás 11:30 h. Varios funcionarios informarán das posibilidades e ferramentas da administración electrónica, pero tamén achegarán a posibilidade de obter in situ un certificado electrónico para relacionarse coas entidades públicas. […]

Última semana e media para desfrutar do MercAres!

Lembra que o martes, 31 de xaneiro, conclúe a campaña de consumo de proximidade que promove a Concellaría de Comercio e co que se están a repartir 5.000 euros en premios. Unha iniciativa á que se sumou hostalería, negocios de alimentación e servizos, comercios… en definitiva, máis de 90 locais de Ares que fixeron posible […]

Onte, a Concellaría de Deportes retomou a primeira ruta do SendAres, fixada para o pasado outubro e que se tivo que adiar no seu momento por cuestións metereolóxicas

Sexa coma for, os sendeiristas puideron achegarse á contorna de Belelle e contemplaron a súa fermosa cascada dende diferentes puntos de vista, tamén apreciando a variedade de tons verdes da paisaxe. Un itinerario tranquilo, sen grandes dificultades, que foi perfecto para desfrutar da natureza. Estas foron algunhas das imaxes que nos deixou a xornada