Ares celebrará as Letras Galegas con obradoiros, presentación de libros e moita máis cultura

Dende o 12 ata o 22 de maio, a vila contará con múltiples eventos que conforman a programación municipal para celebrar unha das efemérides máis relevantes da cultura galega. FORMULARIO DE INSCRICIÓN PARA O OBRADOIRO SUPERLECTORXS: https://forms.gle/pG8GvHrcwf1N4rrz5  A Concellaría de Cultura vén de anunciar as cinco grandes programacións que se organizarán na vila de Ares […]

Renovación do DNI na Biblioteca de Ares o vindeiro 29 de maio

O 29 de maio poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono  981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca.   Lembra que […]

Inicio do aglomerado na Avenida de Mugardos con data 08.05.2025

O Concello informa de que mañá, xoves, 8 de maio, darán comezo os traballos de aglomerado no vial autonómico da Avenida de Mugardos, coa consecuente regularización e desvío de tráfico ata a finalización de toda a intervención. Segundo a información recibida, o xoves, 8 de maio, as obras centraranse no primeiro tramo que abrangue dende […]

As aresáns Nayla Ferreiro e Cristina Gamallo acadan novos éxitos nas súas disciplinas

Chega o mes de maio e con el tamén alegrías no tocante ós percorridos das nosas veciñas Nayla Ferreiro Rodríguez e Cristina Permuy Gamallo, as dúas premiadas dentro das súas disciplinas no eido deportivo e artístico. Nayla acadou recentemente o Primeiro Premio no Concurso de Espectáculos Ecuestres do Concello de Miranda de Ebro, constatando así […]

Novo horario da Biblioteca Municipal de Ares dende este 5 de maio

Informamos de que a partir de hoxe, 5 de maio, as instalacións da biblioteca contarán cun cambio de horario ata o vindeiro 15 de xuño. Deste xeito, a apertura realizarase da seguinte maneira: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h. e, polas tardes, de 16:30 a 20:00 h.

Ares consegue 180.000 euros para a rexeneración do humidal da Xunqueira e a súa contorna

A raíz desta nova, o municipio recibiu hoxe á conselleira de Medioambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez Mejuto, acompañada polo equipo de goberno e membros da corporación municipal. A Xunqueira, recuperada e posta en valor dende a primeira lexislatura do alcalde Julio Ignacio Iglesias Redondo en 2008, verá renovada a súa pasarela de madeira ao […]

Punto limpo móbil instalado en Cortiñas Gil

O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado na contorna de Cortiñas Gil dende onte ata o remate desta semana. Xa podes achegarte alí a deixar os teus residuos domésticos especiais ao longo dos vindeiros días: ✅ Pilas e baterías, ✅ Lámpadas e tubos fluorescentes, ✅ Aceites vexetais e minerais, ✅ Pequenos electrodomésticos, […]

O psiquiatra Tito Núñez analiza en Ares os retos en materia de saúde mental

A veciñanza aresá tivo a oportunidade de escoitar o pasado venres ao psiquiatra Tito Núñez, con ampla experiencia no sector sanitario na comarca de Ferrolterra, na última sesión da Academia AresXSalud que promove o Concello. A súa intervención, centrada na evolución da saúde mental ao longo das diferentes etapas da vida, puxo enriba da mesa […]

A riqueza e sabor do ourizo de mar agroman en Chanteiro co chef Miguel Ángel Campos

Este sábado celebrouse un showcooking moi especial no que o protagonista absoluto foi un produto do Atlántico con fonda tradición na nosa zona: o ourizo de mar. A actividade, conducida polo recoñecido chef Miguel Ángel Campos —á fronte do restaurante A Gabeira e membro do Grupo Nove— no Centro Cultural Outeiro, puxo en valor a […]