O Premio Alén continúa coa súa recepción de manuscritos

Narradores e narradoras, se neste inicio de novo ano tedes unha obra en galego que aborde a temática da emigración, o IV Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares agarda a vosa proposta. Cada participante pode presentar un orixinal inédito e que fale do proceso migratorio tanto alén mar como de calquera outro lugar […]
Corte de auga en Barracido, Mariña do Pombal, Seselle, O Raso e Rodelas mañá, 8 de xaneiro

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga detectada na rede de abastecemento, quedará cortada a subministración de auga en: 📍 Barracido, Mariña do Pombal, Seselle, O Raso, e Rodelas. 📅 Realizarase mañá, xoves, 8 de xaneiro. 🕑 Desde as 09:00 h. ata fin da reparación. […]
A sexta ruta do SendAres principia coas súas inscricións esta mesma tarde

Fervenzas, zonas de fraga, bosques de ribeiras e as vistas do Océano Atlántico farán deste itinerario unha boa oportunidade para dar a benvida ao ano. A reserva de praza abrirá hoxe, a partir das 16:00 h., primeiro para empadroados/as ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda do resto de persoas. […]
Os Reis Magos despiden o Nadal de Ares

A cabalgata real regresou un ano máis ó municipio para traer a Baltasar, Melchor e Gaspar dende o seu Reino de Oriente. Pequenos e maiores saudaron e falaron coas súas Maxestades este luns pasado e despediron, todos eles, a tempada festiva en Ares. Os tres Reis Magos non escatimaron no reparto de doces e animáronse […]
CORTE DE AUGA: Arruxo, rúa da Paz, Camiño das Pedras e contorna do campo de fútbol Prados Vellos (05.01.2026)

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para reparar unha fuga detectada na rede de abastecemento de auga potable, quedará cortada a subministración en: 📍 Arruxo Rúa da Paz Camiño das Pedras E contorna do campo de fútbol municipal de Prados Vellos. 📅 Hoxe, luns, 5 de xaneiro. 🕑 […]
Puntos limpos móbiles instalados en Seselle e O Porto (05.01.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas do Porto e Seselle para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! ♻️ PUNTO LIMPO DO PORTO Podes depositar: ✅ Pilas e baterías. ✅ Lámpadas e tubos […]
Ares co deporte: unha ferramenta para fomentar o encontro neste Nadal

O pavillón polideportivo municipal acolleu nos últimos compases de decembro varias propostas lúdico-deportivas pensadas para entrar en contacto con novos deportes e, tamén, pasalo ben entre a veciñanza aresá, de igual a igual. Primeiro foi o Torneo de Tenis de Mesa de familias, proposto entre o club Cidade de Narón e o Concello, deseñado precisamente […]
Cancións e bo humor déronse cita na Biblioteca Municipal de Ares

O pasado 30 de decembro, a Alianza Aresana transformouse en espazo para o encontro grazas á iniciativa ‘Con música e letra… karaoke na biblioteca!’, unha proposta cultural pensada para celebrar o Nadal cantando e compartindo algunhas risas. Familias, crianzas e amizades animáronse a coller o micrófono, subir ao escenario e demostrar o seu espírito festivo […]
Visita real en Ares: os Reis Magos estarán na vila o vindeiro 5 de xaneiro

As súas Maxestades percorrerán a partir das 16:30 horas tanto as parroquias como o núcleo urbano, onde rematarán o itinerario para facer a súa recepción no interior da Alianza Aresana. Este luns, 5 de xaneiro, os Reis Magos desembarcan dende Oriente en Ares para atender a toda aquela veciñanza que desexe saudalos ao longo […]
O Concello renovará as instalacións do campo de fútbol municipal de Prados Vellos

A última sesión plenaria do ano saldouse coa aprobación do proxecto no que se inclúen amplas actuacións no recinto deportivo: a renovación do sistema de céspede sintético, amais das redes de rego e drenaxe; a materialización dunha solera de formigón ou a instalación de alumeado LED no graderío, entre outras. O proxecto de renovación e […]
Gargalladas e teatro musical na Alianza Aresana!

No marco da programación de Nadal, estes días na Biblioteca Municipal de Ares resoaron as risas e tamén a música coas últimas propostas da Concellaría de Cultura. Primeiro chegou Leti da Taberna o venres pasado para facernos pensar nas nosas vacacións e o tipo de tempo de lecer que temos dentro do monólogo Jastac Japi […]
Ares, presente no XVI Torneo de Voleibol Cidade de Narón!

Entre os 200 nenos e nenas de entre 6 a 11 anos, pertencentes ás categorías de prebenxamín, benxamín, alevín e infantil, que se sumaron ao torneo do Concello de Narón, tamén houbo representación de Ares grazas á participación das 6 rapazas que forman parte da Escola Municipal de Voleibol. Con equipos convidados de Lugo, Pontedeume […]