O club de lectura municipal reúnese antes do seu parón de Nadal

‘Castillos de fuego’ (Seix Barral, 2023), de Ignacio Martínez de Pisón, protagonizou a última sesión do club de lectura municipal celebrada o venres nas instalacións da Alianza Aresana, previo parón polas datas de Nadal e o período festivo. Alí, entre cafés e doces, comentaron esta novela coral ambientada na Madrid da posguerra española, durante o […]

Danza, música e poesía para honrar a memoria migrante

O equipo actoral de Gallaecia Eventos achegouse este sábado pasado até Ares para contar, fusionando danza, música e poesía, un relato que resoa na memoria colectiva da vila: aquela que fala de tantas persoas que emigraron na procura dun futuro mellor. O espectáculo ‘Na Cerna do Son’ debullou unha travesía que uniu Galicia e Latinoamérica […]

O Nadal chegou á biblioteca!

Xa está todo listo na biblioteca municipal de Ares para gozar deste período festivo. De feito, nestes últimos días os máis pequenos e pequenas amosaron a súa creatividade no obradoiro de postais de Nadal, onde puideron colorear, debuxar e encher de brillos as súas tarxetas. Mais tamén hai xa dispoñible para todo lector unha mesa […]

Ares acolle o talk-show de ‘Cruza sen Mirar’

O equipo de Tarabela Creativa, co apoio económico do Concello de Ares, continúa a desenvolver o seu proxecto ‘Cruza sen mirar’, un diálogo entre a emigración da vila no pasado e a súa inmigración no presente. Este vindeiro 15 de decembro, ás 19:00 h., a Alianza Aresaná contará cun talk-show que proseguerá na procura de […]

Ares estrea o servizo de DNI Rural, con entrega ao momento de DNI e pasaporte

Dende este mes de decembro en adiante, o municipio aresá impulsará o DNI Rural, o servizo da Policía Nacional que reduce significativamente os tempos de espera no proceso de expedición e renovación tanto do Documento Nacional de Identidade como dos pasaportes, que se poden entregar no mesmo día tras un único trámite. Ademais, o servizo […]

O CPI As Mirandas estrea novo mobiliario de material reciclado

Grazas ao esforzo na reciclaxe de botellas de plástico que vén de desenvolver neste 2025 o alumnado do centro educativo, a Concellaría de Medioambiente instalou alí un banco e papeleiras feitos cos residuos recollidos. A acción inscríbese dentro da campaña de sensibilización medioambiental ‘Senta con nós’ que impulsou o Concello e o CPI, facendo que […]

Puntos limpos móbiles instalados en Lubre e Pedrós (09.12.2025)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de 📍Lubre e Pedrós para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos.   🚮 Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente!   ♻️ PUNTO LIMPO DE LUBRE Podes depositar: Pilas e baterías. Lámpadas e […]

Ares acendeu a ilusión do Nadal con ‘Ilumina os teus desexos’!

O pasado venres, a Biblioteca Municipal engalanouse para recibir este período festivo que vén e, xa de paso, encherse de grandes desexos para o 2026. Crianzas e familias achegáronse até alí para decorar xuntas a árbore de Nadal, pendurando dela boliñas coas mensaxes que envían para o vindeiro ano. No marco do evento organizado pola […]

O Concello conmemora o Día Internacional do Voluntariado recoñecendo os méritos de Protección Civil e Policía Local de Ares

Marcial Díaz González xunto con Manuel Iglesias Bujones —ambos membros do corpo de Protección Civil—, e Jaime Alberto Domínguez Fernández, xefe da Policía Local, recibiron novas condecoracións que distinguen o seu esforzo e servizos á sociedade. Julio Ignacio Iglesias Redondo, alcalde de Ares: “é unha honra, e case que tamén un deber, poñer en valor […]

Ares propón un encontro interxeracional arredor do tenis de mesa

O Concello e o Club Tenis de Mesa Cidade de Narón organizarán o 26 de decembro un torneo de familias no pavillón municipal da vila, en horario de 16:30 a 20.30 h. Para participar, os equipos deben estar conformados polo menos de dous xogadores que teñan entre si algunha relación familiar e inscribirse previamente ben […]