A localidade conmemora os 120 anos da Alianza Aresana de Instrucción
Veciñanza, membros da corporación municipal e representantes das agrupacións musicais da vila de Ares puxeron onte o punto e final á programación cultural do Concello relacionada cos 120 anos da Alianza Aresana de Instrucción. No salón de actos dun edificio que se sufragou con gran parte das achegas dos integrantes desta agrupación, materializouse un evento […]
Ares celebra o Día Mundial do Teatro coa actuación de Tarabela Creativa ‘Boa sorte, mala fama’
O evento, que traballa cun texto de Carmen Conde, realizarase o martes, 26 de marzo, no Centro Instrutivo de Cervás (CIRS) ás 20:00 horas con entradas de balde. Parte das historias que se amosan na peza teatral foron recompiladas en Ares, con experiencias reais sobre a emigración de moitos veciños e veciñas. A Concellaría de […]
Ares completa a instalación de 40 novos paneis fotovoltaicos no depósito de Os Castros
A Concellaría de Urbanismo informou hoxe da substitución completa dos equipos fotovoltaicos no depósito de Os Castros, unha montaxe que vén de rematar recentemente e que supón contar cunha infraestrutura en enerxía sostible totalmente nova. Así, poderase cubrir canto menos o 25 % do consumo que require a prestación de servizo de abastecemento de auga, […]
O CIM de Ares e o CPI As Mirandas organizan obradoiros para abordar a violencia de xénero na contorna dixital
Co galo da celebración do 8M, o Centro de Información á Muller do Concello e o Gabinete de Orientación do CPI As Mirandas programaron ao longo de todo o mes de marzo tres sesións de traballo na aula para abordar a violencia de xénero na contorna dixital e a construción de relación afectivas saudables. Nestas […]
O Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte inauguran a nave de embarcacións que empregará o Club de Remo de Ares
O alcalde da localidade, Julio Ignacio Iglesias Redondo; a concelleira de Deportes, Alma Barrón, e a de Urbanismo, Olimpia Marcos, amais do Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Roberto García, pertencente á Secretaría Xeral, visitaron esta mañá as instalacións xa rematadas. No acto formalizouse a entrega das chaves da edificación a representantes do […]
Punto limpo móbil instalado en Federico García Expósito
O punto limpo móbil xa está á disposición da veciñanza en Federico García Expósito ao longo de toda a semana para que se depositen os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos.
A área de Comercio municipal e a Oficina Acelera Pyme achegan formación en marketing dixital aos negocios de Ares
A Alianza Aresana acolleu onte, 18 de marzo, o obradoiro “As RRSS: o escaparate para as pemes, persoas autónomas e emprendedoras”, unha formación sobre marketing dixital impartida por Julio Flores Balado e programada entre a Concellaría de Comercio e a Oficina Acelera PYME Deputación da Coruña. A xornada serviu coma toma de contacto para que […]
A biblioteca de Ares organiza dous novos obradoiros para as crianzas
O equipo dinamizador da biblioteca municipal de Ares vén de anunciar os obradoiros de Pascua que promoverá nas próximas datas. Consistirán nunha procura de oviños en dúas quendas, primeiro o venres, 22 de marzo (nenos/as de 7 a 12 anos) e logo o luns, 25 (nenos/as de 3 a 6 anos), ambas organizadas ás 20:00 […]
O SendAres completa a sétima ruta da tempada
A Costa da Morte converteuse na paisaxe protagonista da sétima ruta do SendAres 2023-2024 durante o día de onte. Os sendeiristas que se sumaron á iniciativa comezaron a marcha na praia de Razo e logo dirixíronse á vila pesqueira de Malpica, ollando sempre o Océano Atlántico, e até puideron explorar os Muíños de Ardeleiro, un […]
Conclúe a cuarta charla da Academia AresXSalud
Os ciclos hormonais da muller, a regulación menstrual ou mesmo como levar unha boa alimentación foron algúns dos temas que agromaron o venres, 15 de marzo, na Alianza Aresana, no marco da charla divulgativa que impartiu Camilo Prieto Rivas, da clínica maSSalud. A sesión, que forma parte dunha das seis ponencias de ‘Academia AresXSalud’ das […]
A vila de Ares sóbese ao autobús do teatro para achegarse á obra “Os actos e as profecías”
No marco do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, a Concellaría de Cultura organiza unha saída dende o municipio até Santiago de Compostela o 13 de abril, marchando de Ares ás 15:00 horas e voltando cara a noite. O luns, 18 de marzo, abrirá o proceso de inscrición de xeito presencial na Biblioteca Municipal […]
Inician as obras de renovación de servizos e pavimentos na rúa Fomento
A intervención permitirá efectuar unha modernización da rede de saneamento, pluviais e abastecemento, xunto coa execución de traballos civís en electricidade e telecomunicacións. Ao remate, aplicarase unha renovación dos pavimentos. Implicará un investimento de 155.139, 93 euros, con cargo ao POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar hoxe mesmo do […]