Cambios provisionais nas visitas guiadas ao Mosteiro de Santa Catalina e alboio de Redes

Por mor da presenza do Concello de Ares en Equiocio, a cita deportiva arredor da hípica organizada en Ferrol, mais cunha forte relevancia á hora de divulgar a riqueza patrimonial e paisaxística da comarca, non se ofrecerán visitas guiadas ao Mosteiro de Santa Catalina nin ao alboio de Redes por parte das técnicas de turismo […]
Punto final ao IV Torneo-maratón de fútbol sala infantil do C.C. Outeiro

Durante catro días, a rapazada acudiu á pista do Centro Cultural Outeiro de Chanteiro para formar parte do IV Torneo-maratón de fútbol sala infantil que se estivo a celebrar dende o 24 ao 27 de xullo con máis de 20 equipos. E para oficializar o seu peche, o C.C. Outeiro celebrou onte a última xornada […]
Ares en marcha contra o cancro: unha andaina solidaria que demostra unha vez máis o compromiso da vila

O noso municipio celebrou onte unha nova andaina contra o cancro, unha iniciativa impulsada pola agrupación local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) que conseguiu mobilizar a veciñanza para que amosase o seu apoio colectivo a afectados polo cancro, familiares e persoas achegadas. Os participantes percorreron preto de 6 quilómetros polo paseo marítimo, Poellas […]
O Mosteiro de Santa Catalina acolleu a oitava edición do Congreso de Fotografía de Longa Exposición (LEA)

Fotógrafos de Galicia e tamén do resto de España reuníronse nunha contorna privilexiada ao longo deste fin de semana, o espectacular Mosteiro de Santa Catalina, para afondar nas diferentes formas de capturar os ceos nocturnos a través das súas cámaras no marco da última edición do Congreso de Fotografía de Longa Exposición, LEA VIII. O […]
Un prato con historia: Ares celebrou a segunda edición da Festa do Arroz con Garrafón en homenaxe a Ramón Rey

O venres, 25 de xullo, o Parque Rosalía de Castro foi escenario da Festa do Arroz con Garrafón, un encontro popular e gastronómico impulsado polo Concello de Ares e a Comisión de Festas de Cervás para rendir homenaxe ao veciño Ramón Rey, falecido en 1982, mais moi presente na memoria colectiva aresá, sobre todo pola […]
O cine ao aire libre enche o patio das Escolas do Lago coa proxección de Momias

A segunda sesión do Ciclo de Cine de Verán municipal celebrouse o pasado xoves cunha boa acollida da veciñanza e, sobre todo, do público infantil. Nesta ocasión foi a quenda da película Momias (2023), unha divertida comedia de animación que levou ás familias até o Antigo Exipto. O filme de animación, coa historia da princesa […]
Corte de auga por mor dunha acometida no edificio núm. 7 da Avenida de Mugardos

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por motivo dunha acometida no edificio número 7 da Avenida de Mugardos, cortarase a subministración nas seguintes rúas: Rúa Aviador Franco e rúa A Franxa, dende a Avenida de Mugardos até o Mercado Municipal de Ares O vindeiro luns, 28 de xullo […]
Ares súmase á 34ª edición de Equiocio

O certame ecuestre de Ferrol, unha cita fundamental que actúa como escaparate de toda a comarca, vén de presentarse onte no Centro Cultural Torrente Ballester. E Ares tamén estivo representado neste acto de inauguración oficial, como tamén formará parte do evento deportivo durante os seus catro días, a través da Concellaría de Turismo que dirixe […]
O Concello promoverá a súa tradicional Milla Urbana o vindeiro 9 de agosto

O evento deportivo vén de presentarse oficialmente e ultima os seus detalles organizativos como proba oficial da Federación Galega de Atletismo, dentro do Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. Xa é posible formalizar a reserva de praza de xeito telemático a través da páxina web carreirasgalegas.com. Corredores e corredoras de todas […]
Segunda sesión do Ciclo de Cine de Verán municipal este xoves

O 24 de xullo a partir das 22:30 horas proxectarase o filme ‘Momias’, unha película de animación para toda a familia. O patio das Escolas do Lago acollerá este xoves, 24 de xullo, unha nova sesión do Ciclo de Cine de Verán ao aire libre que organiza o Concello. Desta volta, será a quenda […]
BANDO MUNICIPAL: Recomendacións para evitar o consumo simultáneo de auga en Ares

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Sendo toda a veciñanza coñecedora dos problemas existentes no abastecemento de auga durante o verán por mor do incremento considerable da poboación, transmítense un conxunto de recomendacións co fin de evitar o consumo simultáneo en certos momentos do día, agravándose especialmente durante as fins […]
Xa aberta a exposición ‘Figuración e abstracción’, do aresán Ramón Casteleiro

Até o 31 de xullo, a veciñanza pódese achegar ó andar superior da Casa da Xuventude para botar unha ollada á colección pictórica de Ramón Casteleiro, unha escolma dos seus cadros que camiñan do figurativo ao abstracto xogando coas cores, as formas e os figuras xeométricas. Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado, descubriu xusto antes de xubilarse […]