O SendAres habilita as inscricións para a quinta ruta da tempada 25-26

A paisaxe de Cabo Prior a Doniños protagonizará este itinerario de sendeirismo axendado para o 21 de decembro. A reserva de praza abrirá hoxe a partir das 16:00 horas para empadroados ata o día seguinte na mesma franxa horaria, cando chegue a quenda dos non-empadroados.   A Concellaría de Deportes vén de anunciar a apertura […]

Puntos limpos móbiles municipais instalados en Cortiñas Gil e Redes (02.12.2025)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de Cortiñas Gil e Redes, para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE CORTIÑAS GIL Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites […]

O MercAres arranca coa súa sexta edición durante os vindeiros dous meses

Dende este 1 de decembro até o 31 de xaneiro, Ares vivirá unha nova edición da campaña de consumo de proximidade do Concello, o MercAres 2025-2026. Os negocios adheridos xa teñen os 307 vales-rascas a disposición daquela veciñanza que efectúe unha compra superior a 10 euros nalgún dos máis de 80 establecementos que se sumaron […]

Ares e Mugardos presentan a XX Carreira Popular Fin de Ano

O evento deportivo promoverase o 28 de decembro a partir das 11:00 h. con saída e chegada ao pavillón polideportivo municipal aresán. As inscricións están xa abertas vía telemática na web de carreirasgalegas.com até o 23 de decembro, sendo o único requisito ter cumpridos os 16 anos na data da carreira.   Os Concellos de […]

Ferrolterra, Eume e Ortegal reclaman un tren do século XXI

A edila de Mobilidade de Ares, Lucía Blanco, sumouse en representación do Concello á multitudinaria manifestación celebrada onte en Ferrol para solicitar melloras ferroviarias e un servizo de tren que remate coa discriminación de Ferrolterra, Eume e Ortega, convocada polo Foro Cidadán polo Ferrocarril. Milleiros de persoas –máis de 10.000 asistentes segundo as fontes policiais, […]

Ironía e humor con Os Quinquilláns para lembrar o legado de Castelao

O grupo teatral Os Quinquilláns estivo o venres pasado no salón de actos da Alianza Aresana adaptando varios dos relatos breves que escribiu Alfonso R. Castelao en ‘Cousas’, un clásico imprescindible na literatura galega. Con retranca e equilibrando entre a comedia e a traxedia, a proposta levou ao escenario temáticas de Castelao que tamén resoan […]

O Concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 81.000,00 €

O Concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 81.000,00 €  dun proxecto que ascende a 90.000,00 €, ao abeiro da ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas […]

Conta atrás para o MercAres!

O vindeiro 1 de decembro principia a campaña de consumo de proximidade do Concello, o MercAres. E nestes últimos días os negocios adheridos xa están recibindo de mans  da concelleira de Comercio, Lucía Blanco, os vales-rascas nos que se distribuirán 6.500 euros, amais dos distintivos que identifican ao local como participante na iniciativa municipal. Para […]