Creatividade, talento e moita moda no pulmón verde de Ares coa I Mostra Pop-Up

O Parque Rosalía de Castro actuou este pasado domingo, 13 de xullo, como escaparate dalgúns dos principais proxectos emerxentes da nosa comarca. Fíxoo dentro da I Mostra Pop-Up de Ares, unha feira destinada a divulgar marcas de proximidade que están nacendo ou consolidándose e que se materializou a partir da alianza entre o Concello e […]
‘Cartografía dun naufraxio’: un relato emocional arredor do mar

Un percorrido teatral pola historia de Galicia parándose nos seus naufraxios, na perda colectiva que supuxeron e no impacto que tiveron nas familias que ficaron en terra, coas súas viúvas, cos fillos orfos: con tanta ausencia. Esa é a síntese detrás do evento organizado pola Concellaría de Cultura o pasado venres, 11 de xullo, no […]
A vila de Ares, no Ribadeo Indiano

A través da representación institucional da concelleira Victoria Montenegro, o municipio aresán estivo presente na última edición do Ribadeo Indiano, unha cita xa consolidada na Mariña lucense celebrada durante a fin de semana. Coas súas rúas tinguidas de branco, Montenegro sumouse ó acto de inauguración deste evento que serve, como acontece co Ares Indiano, para […]
O sabor do Atlántico regresou a Chanteiro cun showcooking protagonizado polo ourizo de mar

O Concello organizou no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro un segundo showcooking co foco posto no ourizo de mar, un dos produtos estrela do Océano Atlántico. Ata alí se desprazou o venres pasado o chef Adrián Pérez, do restaurante Sinxelo, para preparar en directo tres elaboracións que amosaron todas as posibilidades culinarias deste ingrediente tan […]
Unha noite en familia para comezar co Ciclo de Cine de Verán do Concello

O patio das Escolas do Lago acolleu onte a primeira das proxeccións organizadas pola Concellaría de Cultura no marco do Ciclo de Cine de Verán, unha programación ao aire libre e de balde coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Na sesión inaugural proxectouse a película “Ratón Pérez 2”, unha historia chea de […]
A I Mostra Pop-Up: un evento para coñecer ás marcas emerxentes da comarca no Parque Rosalía de Castro

Durante toda a xornada do 13 de xullo, Ares acollerá unha boa representación do talento que hai en Ferrolterra no eido da moda, os accesorios e a xoiería grazas á alianza entre a marca Martobags e o Concello. Stands con produtos á venda, música en directo e comida farán do Parque Rosalía un lugar onde […]
Novo showcooking en Chanteiro para degustar o mellor do ourizo de mar

O Centro Cultural Outeiro será o escenario de tres preparacións que toman como base este produto do Atlántico, amosando como facelas en directo grazas a Adrián Pérez, cociñeiro do restaurante Sinxelo. O evento gastronómico organizarase o próximo venres, 11 de xullo a partir das 18:30 h., con aforo limitado. Escuma de ourizo con panko […]
“Costa da Morte: cartografía dun naufraxio” chega a Ares cun espectáculo teatral sobre a memoria mariñeira de Galicia

O 11 de xullo á noite e no Parque Rosalía de Castro, interpretarase esta proposta que desexa lembrar ás persoas que se perderon no mar e ás que se quedaron en terra: viúvas, orfas… O evento cultural organizado pola Concellaría de Cultura coa produción do Centro Dramático Galego mesturará palabra, imaxe e música en directo […]
Ares en marcha contra o cancro 2025

A cita solidaria da Asociación Española contra o Cancro, que ten Xunta Local propia na vila, regresará o 27 de xullo de 2025. Trátase dun percorrido de 6 km polo paseo marítimo, pasando por Poellas, a praia de Centeas e a praia da Barrosa, con saída ás 11:00 h na praia do Xuncal. A […]
Segunda edición da Festa do Arroz con Garrafón

O Concello de Ares e a Comisión de Festas de Cervás veñen de desvelar conxuntamente o cartel da nova edición da Festa do Arroz con Garrafón, un evento gastronómico e popular que naceu o verán pasado e volverá tamén neste período estival. As dúas entidades involucradas na súa organización presentaron esta iniciativa que se organizará […]
O Concello arranca o vindeiro 10 de xullo co Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

A primeira das proxeccións estará protagonizada polo filme “Ratón Pérez 2” e organizarase no patio das Escolas do Lago a partir das 22:30 h. Continuará o ciclo cinematográfico, que conta co apoio da Rede Cultural da Depuación da Coruña, nas xornadas do 24 de xullo e 14 de agosto. Esta semana principia unha das […]
Punto limpo móbil instalado en Seselle (07.07.2025)

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Seselle para a recollida de residuos especiais durante toda esta semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.