O Concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 13.500,00 €

O Concello de Ares executa un proxecto financiado por parte da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático por importe de 13.500,00 € dun proxecto que ascende a 15.000,00 €, ao abeiro da ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas […]
Un novo xeito de mirar as matemáticas dende Ares

Nestes últimos meses do ano, houbo quen se animou a ollar a rama das matemáticas dende unha visión distinta á tradicional. Fronte a idea de que é unha disciplina de coñecemento abstracta e difícil, Covadonga Rodríguez-Moldes, Cristina Montero e Begoña Gómez, con ampla experiencia na docencia, deseñaron un programa para contrarrestar estes estereotipos aos que […]
O teatro de Os Quinquilláns chega a Ares para adaptar ‘Cousas’ de Castelao

O Concello organiza esta proposta o vindeiro venres, 28 de novembro, a partir das 20:00 h. no salón de actos da Alianza Aresana. A compañía teatral Os Quinquilláns desembarcará este 28 de novembro na Alianza Aresana (20:00 h.) para adaptar, cunha retranca que mestura traxedia e comedia, a obra ‘Cousas’, de Castelao, no marco […]
Ares aborda a violencia de xénero dende a perspectiva dos coidados

O salón de actos da Alianza Aresana congrega durante todo o día a expertas no eido xurídico e social para pensar conxuntamente as fórmulas de prevención e os espazos de riscos dos profesionais dos coidados. A xornada impulsada polo Concello confórmase de 4 conferencias e 1 mesa redonda e xa acada a súa décimo oitava […]
25N: Ares contra a violencia de xénero

O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para rexeitar a violencia machista en todas as súas formas, sendo conscientes de que continúa a ser unha lacra estrutural da nosa sociedade. Xunto coa programación municipal deseñada para hoxe, a fachada do […]
E a vila celebrou o Día do Músico!

O Casino Aresano vibrou onte coas actuacións das Rondallas Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda, no marco da proposta deseñada pola Concellaría de Cultura para conmemorar o Día do Músico 2025. A veciñanza achegouse até alí para desfrutar das súas voces e interpretacións e celebrar unha efeméride que cada ano lembra a […]
O SendAres percorre a impresionante costa de Dexo-Serantes

Este pasado domingo, os participantes da cuarta ruta do SendAres 25-26 gozaron dun percorrido moi mariñeiro entre Seixo Branco e Lorbé, un itinerario fondamente marcado pola morfoloxía litoral.A ruta discorreu polos cantís e sendeiros do Monumento Natural de Dexo-Serantes, un espazo protexido de grande valor natural e no que cobra especial relevancia o Seixo Branco, […]
Ares pecha con éxito a IV etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle

O pavillón polideportivo municipal converteuse esta fin de semana no escenario da última xornada da Liga Galega de Patinaxe Freestyle, unha cita decisiva que serviu para definir o campionato, finalmente conquistado polo club Alquimia Inline, organizador da proba. Durante toda a xornada do sábado, Ares gozou dun bo ambiente con patinadores e patinadoras amosando as súas destrezas […]
A Academia AresXSaúde principia con gran acollida abordando a xestión emocional

A veciñanza encheu o salón de actos da Alianza Aresana na primeira sesión da nova edición da Academia AresXSaúde, o programa municipal pensado para introducir hábitos saudables e ferramentas prácticas de benestar no día a día. O psicólogo José Barcia Tuccelli guiou unha charla divulgativa centrada na importancia de coñecer, identificar e regular as emocións, afondando tamén no papel do mindfulness como aliado […]
Ares xa ten o seu calendario municipal para o 2026

Despois de fallar o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza o novo almanaque coas instantáneas dos rapaces e rapazas tanto gañadores coma finalistas. Este venres pasado a Alianza Aresana acolleu o acto de entrega de premios do IX Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, un evento que […]
‘Mugardos, lugar dos silencios’, un exercicio de memoria a través do xénero documental

A Alianza Aresana acolleu onte a proxección do documental dirixido por Vera Varela, ‘Mugardos, lugar dos silencios’, unha peza audiovisual que narra o acontecido durante a dictadura franquista na vila mugardesa e os seus arredores, no marco do acto programado pola Concellaría de Cultura de Ares. A curtametraxe sacou á luz a represión vivida naquel […]
Servizos Sociais de Ares impulsa a campaña das Axudas Económicas para Agasallos de Nadal

Poderán concorrer a esta liña de apoio todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e que conten cun menor beneficiario que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade de Reis. Os solicitantes poderán presentar a documentación dende hoxe, 20 de novembro, ata o 12 de decembro, […]