O Concello de Ares, premiado pola FEMP no IX Concurso de boas prácticas locais contra a violencia sobre as mulleres

A eficacia da proposta, o seu carácter innovador e as posibilidades que achega de ser aplicada noutros contextos municipais foron os principais argumentos para a concesión do recoñecemento. Onte recolleu o galardón, en representación do equipo técnico e responsables políticos da institución, o director do Centro de Información á Muller (CIM), José Luis Castro Feijóo. […]
O SendAres adéntrase no misticismo da Ruta dos Mortos

17 quilómetros foron os que percorreron os camiñantes da sexta ruta do SendAres 2024-2025, unha experiencia que transitou unha paisaxe cargada de lendas, historias ancestrais e cantís de beleza indómita. O programa municipal de sendeirismo do Concello desenvolveu o seu último itinerario este pasado domingo arrancando a súa andaina no Cabo Ortegal, cruzando os montes […]
‘Que sabemos de drogas?’, a nova proposta divulgativa da Academia AresXSalud para pechar o mes de marzo

A educadora social en ASFEDRO Rebeca Graña Torralba, con experiencia en programas orientados á reducción dos riscos do consumo recreativo de drogas, achegarase até o salón de actos da Alianza Aresana o vindeiro venres, 28 de marzo, ás 19:00 horas. A entrada é totalmente libre, especialmente destinada a pais e persoas que traballen con pequenos […]
Ares reafirma o seu vínculo co legado educativo da Alianza Aresana

O municipio aresán conmemorou durante o peche da semana pasada o aniversario dunha institución fundamental na identidade colectiva da vila: a Alianza Aresana cumpriu 121 anos de historia cun múltiples actividades impulsadas dende o Concello, todas elas centradas en destacar a relevancia simbólica desta agrupación que tanto contribuiu ó progreso social de Ares. A programación […]
Continúa no CPI As Mirandas a campaña ‘Senta con nós!’

A comunidade educativa do CPI As Mirandas segue durante estas semanas a recompilar botellas de auga e tapóns no punto instalado en febreiro polo Concello, dentro da campaña ‘Senta con Nós’ da área municipal de Medioambiente. E xa se vai enchendo de plástico grazas ao estudantado do colexio público, un xesto diario que terá tamén […]
Unha canteira de campións no Club de Remo de Ares

O Club Remo de Ares vén de recibir boas novas onte mesmo, domingo 2 de marzo, no Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo Indoor organizado en Boiro pola Federación Galega de Remo e o Club Cabo de Cruz. O equipo de alevín mixto de Ares proclamouse campión galego da competición deportiva, pero tamén os […]
A Alianza Aresana acollerá esta semana a presentación de ‘El secreto de Andrea’, da naronesa Isabel Ramos

O vindeiro venres, 7 de marzo, ás 19:30 horas, a autora conversará coa concelleira de Cultura Alma Barrón sobre esta novela chea de misterio, segredos e rencillas. Ao peche do evento, haberá venda e sinatura de exemplares da obra. A Concellaría de Cultura programa para este venres, 7 de marzo, unha nova presentación literaria no […]
A Agrupación Instrutiva de Caamouco presenta o último número da revista A Tenencia

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, acudiu onte ata a Agrupación Instrutiva de Caamouco para participar na presentación do volume 9 de A Tenencia, a revista de estudos locais que impulsa a asociación para recompilar a memoria de Ares, divulgala e coidala. No acto de presentación, o coordinador da revista Ernesto López Naveiras, debullou […]
A exposición Destino Igualdade chega á Casa da Xuventude de Ares

O andar superior da instalación municipal albergará unha mostra composta por diferentes paneis e materiais gráficos que narra a historia de Nagalaskshmi, parte do primeiro grupo de mulleres formadas pola Fundación Vicente Ferrer como conductoras de autorickshaw, un mototaxi típico da India. A exposición estará dispoñible dende o 3 ao 14 de marzo, achegando un […]
‘Aventuras Dixitais’, a nova actividade municipal relacionada coa tecnoloxía para os rapaces e rapazas de Ares

A Aula CeMIT da Casa da Xuventude centralizará esta iniciativa extraescolar totalmente de balde destinada á mocidade de entre 9 a 17 anos, divididos en dous grupos. En sesións de dúas horas, dende marzo ata xuño, a rapazada poderá aprender programación e robótica, manexar realidade aumentada e virtual ou coñecer a relevancia de protexer os […]
O Concello promoverá unha nova campaña de concienciación sobre a recollida de deposicións dos cans

A Concellaría de Medioambiente entregará 400 dispensadores de bolsas para excrementos de mascotas na casa consistorial de forma totalmente gratuíta. Tamén se difundirán contidos dixitais nos perfís da institución con mensaxes centrados na promoción de boas condutas entre a veciñanza. A edila de Medioambiente, Lucía Blanco, presentou hoxe no consistorio de Ares a campaña que […]
Publicación das bases do Concurso do cartel anunciador do Ares Indiano 2025

Aprobadas pola Xunta Municipal de Goberno do Concello de Ares en data 20/02/2025 as BASES DO I CONCURSO PARA A SELECCIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DO ARES INDIANO, publícanse integramente as mesmas e se procede á convocatoria do concurso segundo as seguintes: BASES DO I CONCURSO PARA A SELECCIÓN DO CARTEL ANUNCIADOR DO ARES INDIANO […]