Ares cruza a raia e viaxa a Portugal

Este pasado sábado, 14 de xuño, a veciñanza de Ares gozou dunha xornada marcada polo descubrimento, a paisaxe e a compañía grazas á excursión organizada pola Concellaría de Benestar e Igualdade a varias vilas da raia portuguesa. Ao longo de todo o día, máis de 100 veciños e veciñas exploraron Valença do Miño, Vila Nova […]
Novo horario na Biblioteca Municipal de Ares dende a próxima semana

Infórmase de que a partir do luns, 16 de xuño, as instalacións da biblioteca cambiarán de horario ata o 15 de setembro, de tal xeito que a apertura se realizará da seguinte maneira: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 h.
O Concello renovará a carpintería exterior do Mercado Municipal de Ares e repintará o edificio baixo a Guía de Cores e Materiais de Galicia

A intervención armonizará o Mercado coa súa contorna e contribuirá á eficiencia enerxética ao cambiar as ventás, os acristalamentos e outros elementos de carpintería. Os traballos principiaron esta semana e contan cun orzamento próximo aos 40.000 euros, impostos incluídos. A Concellaría de Urbanismo vén de informar hoxe mesmo do inicio dunha obra que intervirá […]
Finaliza a adecuación do acceso á praia de Seselle pola contorna de Os Castros

As obras demoleron o formigón en mal estado, materializaron unha senda peonil e unha escaleira novas para mellorar a accesibilidade ao areal e instalouse unha varanda de madeira que garante a seguridade dos peóns. A intervención contou cun investimento de 61.000 euros asumidos polo Goberno central a través da Demarcación de Costas de Galicia dependente […]
A segunda tempada da serie ‘Clanes’, de Netflix, conta de novo con Ares como escenario de rodaxe

O seu equipo de gravación instalouse dende este mesmo luns no núcleo urbano da vila para rodar algunhas das escenas que integran a nova tempada deste thriller protagonizado por Clara Lago e Tamar Novas. Dende o pasado 9 de xuño até hoxe, xoves, o municipio aresán acolle a gravación da exitosa ficción ‘Clanes’, unha […]
BANDO MUNICIPAL: Fogueiras de San Xoán e San Pedro 2025

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Que, estando próxima a celebración das noites de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º […]
O edificio municipal de Servizos Sociais contará cunha nova cuberta tras a súa reposición

O Concello vén de iniciar os traballos de cambio da cuberta da infraestrutura situada na Praza da Constitución, onde se incorporarán aillamento térmico de poliestireno, placas de fibrocemento e tellas de cerámica curva. A intervención contará cun orzamento de 58.000 euros, financiados cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Esta mesma […]
O XIV Mercadillo Veciñal do Concello de Ares chegará á vila o vindeiro 6 de xullo

O paseo marítimo encherase durante todo o día de postos para intercambiar, mercar e vender produtos de segunda man, material de coleccionismo ou artesanías. Para a reserva de stands será necesario inscribirse de xeito presencial na Biblioteca Municipal de Ares en dúas quendas: do 16 ao 17 de xuño empadroados/as e do 18 ao 19 […]
Ares e Mugardos celebran un ano máis o seu tradicional Voto de Chanteiro

Nun caluroso martes, 10 de xuño, veciños e veciñas de Ares e Mugardos reuníronse arredor da Ermida da Mercé para conmemorar unha das tradicións máis antigas do territorio: o Voto de Chanteiro, unha romaría que mestura a historia coa festa popular nunha contorna privilexiada. A xornada comezou coa tradicional misa ás 12:00 h., seguida da […]
Punto limpo móbil instalado en Cervás (09.06.2025)

O punto limpo móbil do Concello vén de instalarse en Cervás para que a veciñanza deposite os residuos de tratamento especial: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Lembra que estará alí toda a semana!
O Concello pechou a programación da Academia AresXSalud cun showcooking sobre ceas saudables

A docente gastronómica Eva Pazos, profesora na escola Oído Cociña, puxo o punto e final ao ciclo divulgativo municipal da Academia AresXSalud para a tempada 2024-2025, xunto coa concelleira de Benestar, Victoria Montenegro. A Alianza Aresana foi o escenario do seu showcooking o pasado venres, onde ensinou á veciñanza como elaborar cear equilibradas e nutritivas […]
Un equipo de campións

Esta fin de semana o Club Remo de Ares regresou á nosa vila cun novo título e unha nova alegría: voaron sobre as augas do Porto de Aguiño para acadar o Campionato Galego de Traineras con toda a súa bravura xabrenta! Unha loita dende a primeira pada e unha demostración de que continúan na senda […]