Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado de simbolismo: entre as súas polas quedaron colgados os mellores desexos da veciñanza para o vindeiro 2025. Os nenos e nenas aresáns, boli en man, encargáronse de confeccionar as bolas […]

Ares executa a instalación fotovoltaica no depósito de Os Castros cunha axuda de 14.220€ do Inega para mellorar o abastecemento de auga

O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K. O importe de actuación ascende a 27.448,40 […]

Campaña de axudas económicas para agasallos de Nadal

A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de impulsar unha nova edición da campaña de axudas económicas para agasallos de Nadal, á que poden concorrer todas aquelas familias que estean empadroadas e residan en Ares cunha antigüidade de 6 meses e un menor ao seu cargo que non tivera cumpridos os 17 anos na festividade […]

Listaxe de negocios adheridos ao MercAres 2024-2025

HOSTALERÍA ALIMENTACIÓN  PERRUQUERÍAS COMERCIO SERVIZOS A Ciscada Peixeria Mares Alicia Pin up Bazar Chino Universo Inmobiliaria B&B A Ferradura Alimentación Uxia La Pelu de Elba Bazar Moncho Taller Terrapatras A Roda Paula Freire Estilistas Bazar Mus y Aicha A Taberna Peixeria Elena PELU-MASCOTAS Bazar Nin idea Centro de masaje Paula Mayobre As Barricas carniceria Angel […]

A voz de Geno Fernández resoa na Alianza Aresana por unha causa solidaria

A Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Ares, en colaboración co Concello, promoveu onte un concerto solidario no salón de actos da Alianza Aresana. A veciñanza puido achegarse a seis novas cancións do noso veciño Geno Fernández, que se prestou para a ocasión coa súa voz e melodías nun acto musical de […]

Ares inaugura o tradicional Belén da Sociedade Cultural O Tilo

Representantes da Sociedade e autoridades do Concello participaron da cerimonia inaugural do Nacemento esta fin de semana, incluído en 2022 na Guía de Beléns de Interese Turístico de Galicia. Máis de 50 metros cadrados e preto de 300 figuras de barro, con aproximadamente delas 40 móbiles, están xa dispoñibles para a veciñanza e visitantes ata […]

O Concello finaliza a mellora do Camiño da Bailadora ata as baterías de Montefaro

A intervención permitiu deixar atrás a superficie de zahorra, moi desgastada e con baches e sucos de escorrentía, fomentando unha maior accesibilidade ata as antigas baterías militares. Executouse unha nova senda peatonal e a instalación de mobiliario urbano para a práctica turística. O investimento da actuación foi de aproximadamente 80.000 euros, o 90 % asumido […]