Que, estando próxima a celebración da noite de San Xoán e de San Pedro, coas tradicionais fogueiras, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en canta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, os Cancellos poderán intervir a actividade dos seus administrados, entre outros casos, no exercicio da función de policía cando puidera existir perturbación ou perigo de perturbación da tranqui/idade, salubridade ou seguridade cidadá, coa finalidade de restablecelas ou conservalas, e de acordo tamén co contido do Decreto 105/2006 polo que se regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, onde se indica que está prohibido acender fogueiras fóra das zonas habilitadas, agás no caso do día de San Xoán, para o que se precisará autorización previa do Concello, DISPOÑO:
Que as persoas interesadas na realización de calquera fogueira con motivo da festividade de San Xoán ou de San Pedro, deberán comunicalo expresamente ao Concello mediante instancia en modelo oficial, a partir do luns 13 de xuño, ata o día 22 de xuño e do día 27 de xuño, respectiva mente.
O modelo da instancia – comunicación, facilitarase no Rexistro municipal ou a través de Sede Electrónica , e nel figurarán os datos relativos á persoa responsable (en todo caso maior de idade), o seu teléfono de contacto, o lugar onde· se pretende celebrar, e as condicións que se expoñen a continuación:
• O/a solicitante que asina a instancia será o/a responsable do cumprimento destas normas e de que a zona onde se autoriza estea, ao día seguinte, en axeitadas condicións de limpeza e arde, tal e como se atopaba anteriormente.
• O volume do combustible da fogueira non superará en ningún caso os 3 metros de altura nin os 8 de perímetro.
• A separación da fogueira con respecto de edificios ou árbores será, como mínimo, de 15 metros.
• En ningún caso se situarán as fogueiras debaixo de tenqidos eléctricqs ou telef9nicos, nin pretq de edificacións, bodegas ou almacéns de ningún tipo.
• Prohíbese expresamente a queima de plásticos, aceites, pneumáticos, espumas de poliuretano, recipientes que conteñan ou puideran conter líquidos ou gases (sprays) aínda que estean baleiros, e, en xeral, calquera outra substancia que poida desprender fume tóxico.
• As fogueiras poderán ser prendidas entre as 20:00 horas do día 23 ata as 03:00 horas do día 24, e entre as 20:00 horas do día 28 ata as 03:00 horas do día 29.
• Queda prohibida a realización de fogueiras en calquera tipo de vía pública pavimentada, parques, xardíns ou zonas verdes en xeral. Nas praias, só se poderán prender naqueles lugares especialmente sinalizados e acotados dos areais de Ares (centro urbano), Seselle, O Raso, Area Marta e Chanteiro. Queda prohibida a realización de fogueiras nos restantes areais do concello.
• Diante de calquera incidencia deberán informar o rnáis axiña posible aos servizos de emerxencia a través do teléfono 112.
No caso de que sexa detectado o incumprimento do deber de comunicación ou que aínda tendo feito esta, non se axuste ao previsto, os Servizos Municipais e a Policía Local poderán proceder á retirada dos materiais destinados á fogueira, de xeito que os custos da operación serán de canta das persoas que foran identificadas como responsables e que tiveran feíto o acopio do material.
Grazas pala súa colaboración.
O alcalde,
Asdo. Julio Ignacio Iglesias Redondo