CAMIÑA POLA IGUALDADE! 2024

Comparte este evento

9 DE MARZO

Saídas e chegadas dende a praza da constitución

Elixe o teu percorrido e inscríbete!

  • RUTA 1: Andaina – 10 kms aprox. – 10:00h

Cunha dificultade media-baixa, é un itinerario que saíndo da praza da Constitución, discurrirá pola costa de Ares cara a Redes, ata achegarnos á Praza do Pedregal, para logo regresar á vila pola costa cruzando á praia do Raso ata chegar aos Castros e dende alí cara á Ponte da Ciscada enlazando co paseo marítimo e achegándonos finalmente ata a zona de chegada da andaina situada de novo na Praza da Constitución

    • Nesta ruta permítense mascotas!
    • Só para maiores de 10 anos.

 

  • RUTA 2: O quilómetro da Igualdade – 1 kms aprox. – 12:30h

De dificultade baixa, trátase dun itinerario que con saída dende a Ponte da Ciscada, percorrera o paseo marítimo ata a Praza da Constitución.

INSCRICIÓNS: De maneira telemática en https://forms.gle/UApvAyFVXbeyDF6s9. As inscricións son de balde! Tes ata o 6 de marzo.

Pódeche interesar...

Eventos

Xornada sobre violencia de xénero 2026

O Concello de Ares organiza este mes de decembro unha xornada de reflexión, formación e sensibilización aberta á participación, centrada na resposta ante as violencias

Eventos

Concerto Día do Músico 2026

Data: Sábado, 21 de novembro de 2026 Hora: 17:30 h Lugar: Casino Aresano (Ares) Actuacións: Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo). Rondalla de Cariño. Coro