PROCESO SELECCIÓN OFERTA INEM 12-2026-1818
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Alcalde-Presidente Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: PROCESO SELECCIÓN OFERTA INEM 12-2026-1818 Efectuada oferta ao Servizo Público de Emprego para a selección dunha praza de Oficial de 1ª do Servizo Municipal de Augas, e recibido o resultado da mesma en data 24/03 /2026 co código de selección 4 da oferta 12-2026-1818 Esta Alcaldía […]
Obradoiros de procura de ovos de Pascua na Biblioteca Municipal de Ares

A Concellaría de Cultura programa na Biblioteca Municipal de Ares novos obradoiros tematizados destinados aos máis pequenos e pequenas! Mais ollo, que precisarán de reserva previa cun prezo de 4 euros: 📅 Martes 31 de marzo 👧🧒 Dirixido a nenos e nenas de 3 a 6 anos 📅 Mércores 1 de abril 👧🧒 Dirixido a […]
Continúa aberto o II Concurso de deseño do cartel do Ares Indiano 2026

A Concellaría de Cultura anima a artistas, deseñadores e creadores residentes en Galicia a participar neste certame, que escollerá a imaxe oficial da próxima edición do Ares Indiano, a celebrar os días 📅 21, 22 e 23 de agosto. A proposta debe reflectir o espírito do evento, como homenaxe á cultura e á instrución indianas, […]
O Concello recibe en Madrid o premio extraordinario da XXV Campaña de Animación á Lectura María Moliner

Ata a capital española desprazáronse a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e Caridad Nieto e Beatriz Martínez, do equipo bibliotecario aresán, para recoller o galardón, sendo Ares unha das dez localidades premiadas en todo o Estado con 10.000 euros. Recoñécese así o bo facer desenvolto na Biblioteca Municipal no eido da dinamización cultural e a […]
Puntos limpos móbiles instalados en Mariña do Pombal e Avenida Federico García Expósito (24.03.2026)

Os operarios do Concello veñen de instalar os puntos limpos móbiles nas contornas de Federico García Expósito (Avda.) e Mariña do Pombal para que a veciñanza poida depositar alí os seus residuos domésticos. Aproveita e desfaite do que non precises para que sexa tratado adecuadamente! PUNTO LIMPO DE AVDA. FEDERICO GARCÍA EXPÓSITO Podes depositar: Pilas […]
A ría de Ares, epicentro do Campionato Galego de Vauren

Durante toda esta fin de semana, o municipio acolleu o Campionato Galego Vauren 2026 impulsado polo Club Náutico Ría de Ares, un certame deportivo que tivo xusto onte a entrega de trofeos nas instalacións da entidade aresá. En representación do Concello acudiu a edila de Deportes, Alma Barrón, para parabenizar aos gañadores desta última edición: […]
Día do Cómic 2026 en Ares

Snoopy, Spiderman, algún Pikachu… os máis pequenos e pequenas da vila celebraron nestes últimos días o Día do Cómic 2026 grazas aos obradoiros creativos que se organizaron na Biblioteca Municipal aresá. As crianzas animáronse a personalizar coas súas personaxes de ficción favoritas unhas bolsiñas de tea que puideron levar á casa, encargándose de darlles vida […]
Fotoprotección sen mitos: claves para coidar a pel na Academia AresXSaúde

A Academia AresXSaúde sumou esta fin de semana unha nova sesión centrada no coidado da pel e na importancia de protexernos correctamente da exposición ao sol, especialmente coa chegada dos meses de maior intensidade solar. A charla estivo conducida por Sofía Castro, licenciada en Químicas e profesional vinculada aos laboratorios Avène, quen compartiu coa veciñanza […]
Entre lembranzas e melodías: Ares celebrou os 122 anos da súa Alianza Aresana

O municipio conmemorou durante o pasado venres o 122º aniversario da Alianza Aresana de Instrucción, unha institución fundamental para comprender o desenvolvemento educativo, social e cultural de Ares ao longo do último século. A xornada comezou pola mañá cunha ofrenda floral na Praza de Domingo Troche, lembrando a figura dun dos impulsores da entidade e […]
Peche da Biblioteca Municipal de Ares na tarde do luns, 23 de marzo

Segundo informa o equipo dinamizador da Biblioteca Municipal de Ares, as súas instalacións permanecerán pechadas ao longo desta tarde do luns, 23 de marzo. Asimesmo, mañá martes 24 de marzo, só se atenderá o servizo de préstamo e devolucións de libros. Rogamos desculpen as molestias.
A vila lembra o legado da Alianza Aresana de Instrucción

Ao longo desta xornada do 20 de marzo, o Concello impulsa varias actividades para conmemorar os 122 anos da Alianza Aresana de Instrucción, a agrupación que tanto contribuiu ao progreso social, educativo e cultural do municipio, símbolo dun compromiso colectivo para mellorar Ares incluso dende alén mar. De feito, o programa polo aniversario principiou xa […]
Corte de auga por mor de melloras na rede xeral de abastecemento o vindeiro martes, 24 de marzo

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, por mor dunha actuación de mellora na rede xeral de abastecemento, efectuarase un corte no subministro de auga potable en: Federico García Expósito, no cruce de Pedrós coa Avda. de Mugardos; Avda. de Mugardos, dende o número 45 até o número 99, […]