
A casa consistorial de Ares iluminouse esta madrugada de cor verde para sumarse ó Día Mundial do Alzhéimer 2022 que se celebra cada 21 de setembro.
Unha xornada feita para visibilizar a doenza e reivindicar a importancia da investigación na mellora da calidade de vida dos afectados polo alzhéimer.










