O Campus de Verán 2023 da Fundación Celta dá inicio ás súas actividades en Ares!

Durante os días 17 ao 21 de xullo, o campo municipal de Prados Vellos será testemuña de sesións lúdico-educativas deseñadas para potenciar as habilidades futbolísticas de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos. Este evento, posible grazas á colaboración entre a Fundación Celta, o Concello de Ares, a Federación […]

Lembrámoste que o ciclo “Literatura na rúa” recala en Ares este domingo 16!

Será a partir das 18:00 horas, no paseo marítimo da localidade. Un total de dezaseis escritores estarán presentes no evento, repartidos en dúas quendas, listos para asinar as súas obras e compartir as súas historias co público. O proxecto está impulsado pola Asociación Galega de Escritores, coa colaboración da Concellaría de Cultura de Ares. Desde […]

Non esquezas a VI Noite Branca Solidaria en Ares este sábado 15!

Este evento solidario levarase a cabo na contorna do paseo marítimo da localidade, a partir das 19:00 horas. A Noite Branca Solidaria converteuse nun clásico na axenda do verán. Organizada pola asociación Ares Solidario, co apoio do Concello de Ares, ten como obxectivo principal recadar fondos para Cáritas de Ares. A esencia do estilo ibicenco […]

Primeira proxección do cine ao aire libre

Hoxe, ás 22:30 horas, contaremos coa primeira película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2023. Será a quenda de “A todo tren”, un divertido filme de animación para toda a familia que narra as aventuras duns pais na procura duns nenos extraviados. A iniciativa, organizada polo Concello en colaboración […]

O Concello adxudica as obras para a recuperación do camiño de As Salgueiras en Chanteiro

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, anunciou a contratación das obras para a recuperación do camiño das Salgueiras. Esta intervención  busca embelecer o litoral da enseada da praia de Chanteiro e permitirá a conexión entre o areal e o centro histórico das baterías da punta do Segaño. O  investimento total do proxecto ascende a 79.989,32 […]

O Concello de Ares iniciou a pasada semana os campamentos deportivos de verán!

Un total de 50 nenos e nenas de 6 a 12 anos participan na primeira quenda deste programa que busca favorecer a conciliación familiar e, ao mesmo tempo, a convivencia entre a cativada. As diferentes actividades, que combinan o carácter deportivo, coa parte educativa e tamén a vertente lúdica, servirán para fomentar valores como son […]