Búscanse figurantes para unha rodaxe en Ferrol e Ares con experiencia en oficios do mar

A produtora Vaca Films busca figurantes con experiencia no mar (mariñeiros, pescadores, mariscadoras, persoas con coñecementos náuticos…) para a súa próxima serie en plataforma de streaming. A rodaxe será en Ferrol, Ares, A Coruña, Malpica e Ría de Arousa. Se che interesa a interpretación e o mundo audiovisual tes a oportunidade de vivilo de preto […]

O Concello organiza dous obradoiros infantís de reciclaxe na Praza da Constitución!

As concellarías de Educación e Medio Ambiente de Ares anuncian a celebración de dous obradoiros dirixidos a nenos e nenas de 7 a 12 anos na Praza da Constitución. Os talleres celebraranse o próximo 6 de maio e son gratuítos, pero requiren inscrición previa a través da páxina web municipal debido ás prazas limitadas dispoñibles. […]

A Alianza Aresana recibe o ciclo “Cinema e Sociedade”, unha iniciativa organizada pola Asociación Cultural “Conxeito”, en colaboración coa área municipal de Cultura, que busca promover o debate social e a reflexión a través do cinema.

Nesta ocasión, proxectarase a película “El Chico” o vindeiro domingo 30, nunha función que contará con música en directo ao piano de Fran Rey, o que promete ser unha experiencia única para os amantes do cinema e a música en vivo. A Asociación Cultural “Conxeito” foi fundada en 2008 cunha clara vocación solidaria e o […]

Bases específicas para a contratación laboral temporal de 4 peóns

Asunto: BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 4 PEÓNS Á vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 13, do 19 de xaneiro de 2023, no que se publica a Resolución número 2023/39428 de 17/01/2023, pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos […]