O punto limpo móbil xa está disponible na praza da Rega en Chanteiro para a recollida de residuos especiais como pilas, lámpadas, aceites, roupa e calzado, ou pequenos electrodomésticos.

As paradas das próximas semanas serán: Cortiñas Gil, Redes, Lubre e Pedrós. Coidemos do medio ambiente depositando os nosos residuos de forma responsable e promovendo a sustentabilidade da nosa comunidade.
O pasado sábado realizouse a I Andaina Costa de Bezoucos!

Un percorrido circular de 30 quilómetros pola costa dos Concellos de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos. A primeira hora da mañá o numeroso grupo de participantes púxose en marcha cun tempo agradable para camiñar. Xan Ramírez, presidente do Club de Montaña Ferrol, agradeceu a colaboración dos municipios implicados e de todos cantos tomaron parte no […]
Lembra que a concellaría de Cultura preparou unha programación para esta semana con actividades dedicadas á literatura e a lectura, en conmemoración do Día Internacional do Libro o 23 de abril.

As celebracións centrais terán lugar nas instalacións da Alianza Aresana os días martes 25 e xoves 27 de abril, con propostas co foco posto nos máis pequenos, pero tamén nos adultos. A diversión dará comezo o martes ás 18:00 horas cun contacontos titulado “Aitana e a Avoa e outros contos violetas”, unha experiencia especialmente deseñada […]
A concellaría de Servizos informou dos traballos no Parque Fluvial do río Xunqueira levados a cabo durante esta semana.

O concelleiro, José Juan Vilar, explicou que se trata das accións que se veñen realizando periódicamente e que consisten na limpeza selectiva das marxes do río, coa finalidade de preservar a calidade e o equilibrio ecolóxico da contorna. As labores incluíron a poda de árbores, a tala daquelas en mal estado ou con risco de […]
Con motivo da festividade do Día do libro, a biblioteca municipal realizará ao longo da próxima semana varias actividades

O luns, 24 de abril, entrega de doces e agasallos polo dia do libro aos usuarios que asistan á biblioteca O martes 25 de abril será o momento de desfrutar do CONTACONTOS “AITANA E A AVOA E OUTROS CONTOS” ás 18h O xoves 27 de abril das MANUALIDADE DO DÍA DO LIBRO O venres entregrarase […]
O Concello Ares recibe unha axuda polo importe de 16.640,00 € da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdades da Xunta de Galicia para a rehabilitación e mellora do equipamento dos centros de información ás mulleres (CIM)

O Concello Ares recibe unha axuda polo importe de 16.640,00 € da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdades da Xunta de Galicia ao abeiro Resolución do 5 de xaneiro de 2023 da Secretaría Xeral da Igualdade pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades locais de Galicia para […]
Comezan as obras para acondicionar o interior da Reitoral de Ares

Esta mesma semana empezaron as obras, que permitirán reformar un espazo de interese patrimonial, edificado en 1696, a través dun investimento de 121.527 euros, IVE incluído, asumido entre os fondos municipais e o POS+2021 da Deputación da Coruña. A concellaría de Urbanismo anunciou que a principios desta semana arrancaron os traballos que permitirán o acondicionamento […]
Bases específicas para a contratación laboral temporal de 2 subalternos
Asunto: BASES ESPECÍFICAS PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE 2 SUBALTERNOS/AS Á vista da publicación no Boletín Oficial da Provincia nº 13, do 19 de xaneiro de 2023, no que se publica a Resolución número 2023/39428 de 17/01/2023, pola que se aproba o Programa de Integración Laboral mediante a execución de obras e servizos mínimos […]
A concellaría de Benestar e Igualdade do Concello de Ares súmase novamente ao proxecto “Vacacións en Paz” en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Este programa ten como obxectivo traer a nenos e nenas saharauís desde Tinduf (Alxeria) durante os meses de xullo e agosto, evitando as altas temperaturas do deserto, para brindarlles oportunidades de lecer, formación e mellorar o seu benestar xeral. No marco desta colaboración, a concellaría de Benestar e Igualdade realizará unha achega económica para que […]
O Concello aproba os Orzamentos Municipais

As contas para o presente exercicio ascenden a 7.478.846,44 euros O pleno extraordinario convocado onte aprobou os orzamentos para 2023, o que supón sacar adiante as contas muinicipais, é dicir, o documento económico máis importante do Concello, cun importe que neste exercicio ascende a 7.478.846,44 euros. O alcalde, Julio Iglesias, subliñou que as contas aprobadas […]
Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 18 de abril, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
A Igrexa de San Xosé de Ares acolle a “Paixón en playmobil”, con maquetas que reproducen a Paixón Vivente

A Igrexa San Xosé de Ares acolle desde o 22 ata o 30 de abril a exposición “Paixón en playmobil”, formada por maquetas que reproducen as escenas da Paixón Vivente de Castro Urdiales, feitas con materiais reciclados e os clásicos clicks, moitos deles adaptados á época que se representa. A exposición creada por Luis Vega […]