Cafés, doces… e moita literatura!! Dende mesmo antes da pandemia, o equipo bibliotecario da Alianza Aresana coordina o club de lectura municipal para incentivar o hábito de ler e a socialización.

A través dunha conversa tranquila, afóndanse nas personaxes, achéganse impresión persoais sobre as tramas e as novelas cobran, pouco a pouco, novas perspectivas grazas ás reunións! Así, preto do peche de cada mes, o club de lectura aresán xúntase para pasar un bo rato en compañía dos libros e das veciñas e veciños. Na penúltima […]

Inscricións abertas para a ruta 6 do SendAres: Meirás-Praia de Ponzos

Lembra que esta mesma tarde do 24 de febreiro abriu o prazo de inscrición nesta iniciativa promovida pola área de Deportes. Podes reservar unha das 25 prazas habilitadas a través do formulario telemático que atoparás na páxina web municipal, no apartado adicado ó programa de sendeirismo. O itinerario ten un prezo de 15 euros e promoverase […]

Ares celebra o Día de Rosalía

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria do CPI As Mirandas desfrutaron esta mañá do contacontos “A miña historia”, unha revisión da vida de Rosalía de Castro a través dos seus propios textos. Dende onte, 23 de febreiro, a casa consistorial loce a pancarta que homenaxea a unha figura central na […]

O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a sexta ruta do SendAres 2022-2023

A iniciativa municipal organizará unha saída ata Meirás e a Praia de Ponzos de 19 quilómetros, incluíndo unha parada no alto do Pico da Vela, unha atalaia perfecta para contemplar a paisaxe. As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, venres 24 de febreiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo […]

Vaqueiros, piratas, pikachus, personaxes de avatar, algunha princesa… o mércores de cinza pasou en Ares cos pequenos e pequenas coma protagonistas do Entroido!

Polas previsións metereolóxicas, celebrouse nunha pista cuberta do CPI As Mirandas que se encheu de persoas dispostas a desfrutar dos xogos, da música, das orellas e, en definitiva, da esencia mesma da tradicional festa galega. A boa nova: que o tempo permitiu queimar o entroido na praia urbana de Ares para despedir a xornada. Coa […]

As inscricións para sumarse a Camiña pola Igualdade xa están habilitadas!!

E participar nalgunha das dúas andainas que se promoven o sábado, 11 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller é totalmente gratuíto! Só tes que encher o formulario que atoparás na páxina web municipal, www.concellodeares.gal. Anímate e camiña para reivindicar o percorrido e o que queda por percorrer en materia de igualdade de […]

Ares celebra os éxitos dos deportistas do Club de Tenis da localidade

O próximo sábado, 25 de febreiro, ás 12:00 horas, a Alianza Aresana acollerá o acto de recoñecemento institucional aos máis de 60 deportistas do Club de Tenis de Redes que acadaron campionatos galegos durante a anualidade pasada! Polos éxitos obtidos nas súas categorías de alevín, junio/cadete ou veteráns, os e as tenistas recibirán a homenaxe […]