Alegacións e emnendas personal dirección y docentes – proceso de selección Obradoiro Emprego Reinicia IX

RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 469/22 Alcalde-Presidente D. Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: RESOLUCIÓN ALEGACIONES E EMNENDAS PERSONAL DIRECCIÓN Y DOCENTES – PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX Recibidas reclamacións ao abeiro da Resolución 456/22 de data 21/09/2022 da listaxe definitiva da contratación laboral temporal do persoal de dirección e docente do obradoiro de emprego […]

Arranca a pavimentación do camiño de subida a Barracido dende Marina do Pombal

A Concellaría de Urbanismo vén de informar do inicio dos traballos de pavimentación no tramo entre a saída da urbanización de Marina do Pombal, aproximadamente, ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina. A intervención actuará sobre un pavimentado que presenta un tratamento do triple rego en mal estado, acometendo a súa reposición e mellorando […]

Lembra que esta semana é a túa última oportunidade para solicitar praza nalgunha das escolas deportivas e culturais que arrancarán nas primeiras semanas de outubro!

Se xa sabes cal escoller, formaliza a túa inscrición vía telemática en www.concellodeares.com e se tes dúbidas, bota unha ollada a toda a oferta municipal que atoparás aquí embaixo! INFORMACIÓN DAS ESCOLAS en pdf http://www.concellodeares.com/archivos/convocatorias/triptico_escolas_deportivas_eculturais-2022-2023.pdf FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/6nfZ3LKKrvzgjGFi7

XV Edición de Móllate polos Ríos

Preto de 150 kg foron extraídos este domingo do río dos Frades, nas inmediacións do Mosteiro de Santa Catalina, polos voluntarios que se sumaron á limpeza simultánea no marco da iniciativa “Móllate polos ríos”. Lixo, botellas, partes de uralita e grandes cantidades de espuma sintética (polispán) conforman o groso da contaminación sobre o ecosistema fluvial […]

Tras os cambios executados pola Xunta de Galicia no servizo de transporte metropolitano prestado por UTE Hércules Norte, o Concello vén de actualizar o deseño municipal dos horarios de buses, dispoñibles na páxina web e tamén nas paradas da localidade.

Lucía Blanco, concelleira de Mobilidade de Ares, salienta que esta acción é parte do “esforzo continuado por axudar á veciñanza a comprender toda a nova información, reaxustes incluídos, relacionada co transporte público a Ferrol, Mugardos e parroquias. Unha nova información que nos chega, ademais, sen ningún tipo de comunicación previa e a través dos medios […]

O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DO XUNCAL

O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DO XUNCAL – (GALP2-211)” cun orzamento total subvencionable de 49.421,60 € cun porcentaxe de axuda dun 80 % que farase na anualidade 2022 ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local […]

Para o deseño das rutas enmarcadas dentro do proxecto “Ares Descobre”, nestes días levouse a cabo un proceso de gravación de videotestemuñas con algúns informantes aresáns, as persoas que mellor poden coñecer a historia do territorio polo que transcorrerán os percorridos tematizados.

Así, primeiro visitouse Caamouco para falar con Ernesto López Naveiras, historiador da parroquia e presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco. A conversa con el serviu para afondar mellor no pasado mariñeiro de Redes a través da evolución das súas rúas e a singularidade da súa arquitectura. López Naveiras destacou especialmente a importancia de […]

Lembra que este venres 23 e o sábado 24 Ares contará con dúas actuacións inscritas na programación do IV Festival Internacional de Entes Animados, posto que o noso municipio forma parte dos 8 concellos organizadores do evento.

Desta maneira, mañá venres, 23 de setembro, ás 19:00 horas, a italiana Irene Vecchia Burratini, recalará na Alianza Aresana co seu espectáculo A Lúa e Pulchinella. Xa o sábado, 24 de setembro, ás 18:30 horas, tamén dende Italia chegará Di Filippo Marionette, interpretando o título Corazóns de madeira, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro. As […]