Os concellos de Ares e Mugardos presentan a XVII Carreira Popular de Fin de Ano

O consistorio mugardés acolleu esta mesma mañá o acto oficial de presentación na que os representantes municipais desvelaron a data de organización do xa tradicional evento deportivo: será o domingo, 18 de decembro ás 11:00 horas. As inscricións poden realizarse ata o 13 de decembro telematicamente a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, no apartado adicado […]
Perdas de Auga na Rede de Abastecemento
En cumprimento do establecido na Disposición adicional segunda da Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario, resulta necesario publicar a porcentaxe de perda de auga na rede de abastecemento do Concello de Ares: Año Porcentaje de pérdidas en la red […]
A emigración aresán protagoniza o novo especial do Consello da Cultura Galega

A modo de homenaxe e recoñecemento, o especial “Historias de Ida e Volta” difunde a corrente de migración dos pescadores e mariñeiros da ría de Ares na illa de Cuba desde mediados do século XIX. A emigración mariñeira de Ares cobra especial relevancia a través das 20 fotografías e dos textos que debullan parte da […]
Ares contra a Violencia de Xénero

Todo o goberno local de Ares sumouse nestas datas ás reivindicacións do venres, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada que reclama a fin de toda violencia machista e que procura unha sociedade máis xusta, baseada na igualdade de xénero. Tamén durante estas noites o consistorio amosará unha […]
A concelleira de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos; o director do Instituto de Estudios do Territorio (IET), Enrique de Salvador, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, supervisaron o resultado das dúas obras que se acometeron na contorna da parroquia de Lubre, centradas na mellora do impacto paisaxístico no lavadoiro de Bulleiro e no Local de Ensaio próximo á igrexa románica.

Nese senso, o Concello aresán acometeu estas rehabilitacións a través da liña de axuda da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que aportou fondos económicos superiores ós 30.000 euros para o impulso do “fermosismo galego”. Así, no Local de Ensaio de Lubre renovouse o exterior do edificio co obxectivo de acadar a maior integración […]
O camiño de subida a Barracido dende Marina do Pombal estrea nova pavimentación

A Concellaría de Urbanismo anunciou hoxe o remate das obras de pavimentación no tramo entre a saída da urbanización de Marina do Pombal, aproximadamente, ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina. A intervención repuxo o pavimentado que presentaba un tratamento de triple reglo en mal estado, co principal obxectivo de mellorar a comunicación interna […]
A Concellaría de Comercio organiza a terceira edición do “MercAres” co foco posto na dinamización do consumo de proximidade

93 negocios aresáns súmanse á iniciativa do Concello para fomentar a compra na hostalería e comercios locais. Desenvolverase, coma anteriores edicións, do 1 de decembro de 2022 ao 31 de xaneiro de 2023 distribuíndo aproximadamente 280 vales-rascas e 5.000 euros en premios. O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, e a concelleira de Comercio, Lucía […]
O Concello xa conta cun vehículo propio que actuará coma punto móbil para mellorar o tratamento de residuos especiais

O novo vehículo facilitará a recollida de calzado, roupa, pilas e baterías, pequenos electrodomésticos ou aceites minerais e vexeitais en toda a contorna aresán. A partir de agora, o punto limpo móbil rotará por diferentes puntos do concello para achegar o seu servizo directamente á veciñanza, incluídas as parroquias. O alcalde de Ares, Julio Ignacio […]
Hoxe mesmo, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 6º de primaria recibiron a segunda sesión do obradoiro Control Off, desta volta indagando nas novas masculinidades e na prevención da violencia de xénero

Coa proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos básicos dunha sociedade máis igualitaria! Con todo, a semana pasada tamén a rapazada de 4º da ESO mantivo un encontro sobre os diferentes comportamentos asociados á violencia machista dentro da actividade “Hai saída grazas a ti”, baixo as actuacións ofertadas pola Secretaría Xeral de Igualdade. […]
Ares inaugura a exposición #SomosQuen: Científicas preto de ti!

Alma Barrón, Olimpia Marcos e José Juan Vilar, concelleiros da localidade, veñen de inaugurar esta mañá a exposición “#SomosQuen: Científicas preto de ti!”na entrada da Alianza Aresana. A mostra, que chega grazas á colaboración co Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela, debulla a experiencia de varias investigadoras […]
Últimos días para achegarte á exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”

Se aínda non pasaches por diante da casa consistorial, tes ata este xoves, 24 de novembro, para botar unha ollada ó conxunto de paneis que amosan o traballo fotográfico e artístico de Xurxo Lobato; unha homenaxe ás persoas vivas que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras na cidade naval no ano 1972. Promovida pola […]
Ares afonda na violencia de xénero vencellada á muller migrante

Especialistas en diferentes eidos (xurídico, social, psicolóxico…) achegan durante todo o día de hoxe, dende as 10:30 ata as 18:30 horas, unha visión completa desta problemática dentro da ampla xornada que organiza o Concello no municipio. O salón de actos da Alianza Aresana convértese no epicentro da Xornada de Violencia de Xénero e Muller Migrante […]