As parroquias de Ares tamén contan coas súas programacións deportivas polo Nadal!

Os xogos populares chegarán ó municipio durante as mañás do mércores, 28, e xoves, 29 de decembro, para dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Caamouco e Chanteiro. Estas actividades lúdicas promoveranse en horario de 11:00 a 13:00 horas e invitarán a toda crianza maior de 4 anos que desexe pasar un bo rato coa súa […]
Carreira Popular de Fin de Ano: Retirada de dorsais

Dende hoxe, xoves 15 de decembro, ata o sábado, 17, xa podes achegarte ás instalacións do Complexo Acuático do Castro para retirar o teu dorsal da Carreira Popular de Fin de Ano Mugardos-Ares-Mugardos. Podes facelo no seguinte horario: XOVES E VENRES: de 8:00 a 13:30 horas e de 16:00 a 22:00 h. SÁBADO: de 9:00 […]
11 son as perruquerías que se animaron a formar parte da campaña de consumo local, MercAres!

Eses lugares onde falamos e socializamos, buscamos o mellor estilismo e autocoidado… e negocios onde non só peitean, senón que tamén ofrecen diferentes produtos de cosmética á nosa veciñanza. Queres coñecer as perruquerías nas que poderás recibir algún dos vales-rascas do MercAres? Bota unha ollada a esta publicación!
Últimos días para solicitar as axudas económicas de agasallos de Nadal 2022

O próximo martes, 20 de decembro, remata o prazo de solicitude da liña de apoio para costear a compra de agasallos de Nadal ás unidades familiares en situación de vulnerabilidade económica. Lembra que os destinatarios da axuda son familias que residan e estean empeadroadas en Ares cunha antigüidade mínima de seis meses. Terán que ter […]
Dentro da programación municipal de Nadal, temos unha cita non só coa música, senón tamén coa demostración de baile!

En colaboración co Concello, a escola Comp-Arte amosará as súas mellores coreografías no Festival de Nadal de Danza Moderna que realizará no pavillón polideportivo da nosa localidade. Apunta na axenda: sábado, 17 de decembro, ás 12:00 horas. Con entrada libre!
Durante este mes de decembro e parte de xaneiro, coñeceremos os rostros dos 93 locais que forman parte do noso #MercAres, a campaña de apoio aos negocios de proximidade do Concello!

Nesta ocasión, achegámosnos aos mostradores de 8 comercios que temos no municipio e que axudan a dinamizar a vila económica e socialmente . Xoias, flores, electrodomésticos, bens para o fogar, elementos de ferraxería… eles son algúns dos encargados de abastecernos co que necesitamos. Bota unha ollada aquí embaixo para descubrilos! E aproveita para participar no […]
Ares contará coa sétima edición do Campus Chiquibásquet de Nadal

Complementando a iniciativa que xa se produce en verán, os adestramentos en baloncesto chegarán de novo á localidade durante as xornadas do 28, 29 e 30 de decembro e ao longo de tres horas, de 10:00 a 13:00. O proceso de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro ou ata esgotar a totalidade das […]
Fase concurso e proposta de contratación para a Praza Auxiliar Administrativo/a Intervención-Tesourería
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO SERVIZOS INTERVENCIÓN-TESOURERÍA. En Ares a 12 de decembro de 2022. Sendo as 10,00 horas reúnense os Sres. ao marxe indicados. Reunida a Comisión Seleccionadora dunha praza de auxiliar administrativo dos servizos de intervención-tesourería segundo as bases aprobadas pola Xunta local de Goberno de día 11-11-2022, prócedese á […]
O Concello oferta un curso gratuíto para coñecer as nocións básicas dun teléfono móbil

O prazo de inscrición abrirá mañá, 13 de decembro, ata o 5 de xaneiro de 2023, ou ata esgotar as 20 prazas dispoñibles. Destínase ás persoas maiores de 55 anos que desexen aprender a realizar xestións da vida cotián no teléfono: escaneo de documentación, emprego da aplicación do SERGAS, axustes básicos no WhatsApp… Dende xaneiro […]
Resultados primeira proba para a Praza Auxiliar Administrativo/a Intervención-Tesourería
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO SERVIZOS INTERVENCIÓN-TESOURERÍA. En Ares a 2 de decembro de 2022. Sendo as 9,30 horas reúnense os Sres. ao marxe indicados. Reunida a Comisión Seleccionadora dunha praza de auxiliar administrativo dos servizos de intervención-tesourería segundo as bases aprobadas pola Xunta local de Goberno de día 11-11-2022, prócedese á […]
O XI Festival de Panxoliñas recalará en Ares o 18 de decembro

O certame musical promoverase na Igrexa de San Xosé de Ares ás 18:30 horas coa participación dunha mostra da música coral da localidade. A Concellaría de Cultura vén de anunciar a posta en marcha dunha nova edición do xa tradicional Festival de Panxoliñas que se produce por estas datas na Igrexa de San Xosé de […]
Papá Noel busca axudantes!!

Se tes entre 5 e 10 anos, dende hoxe mesmo, luns 12 de decembro, ata o venres, 16, poderás inscribirte na biblioteca municipal de Ares para botar unha man a Papá Noel na súa cabalgata e no reparto de caramelos na Noiteboa. Se estás desexando axudalo, acode esta semana ata as instalacións da Alianza Aresana […]