Dende esta semana e ata o 31 de decembro, a veciñanza de Ares pode sumarse á iniciativa Bono Comercio Activa da Xunta de Galicia, onde cada cliente disporá dun bono desconto por un importe de 30 € que se aplicará nas compras realizadas nos establecementos adheridos á campaña.

De feito, se es comerciante e desexas participar nos Bono Comercio Activa, lembra que o prazo de adhesión dos locais comerciais estará aberto ata o 30 de novembro. Máis info en https://www.bonosactivacomercio.gal/?fbclid=IwAR0MdDtQzZSrpDvELY-LTjWhI8mHWXbAcugRk281f9lEXSQjlZ91ub21BFg.

“A integración da natureza co pobo de Redes é total”. Iso é o que comenta Ernesto López Naveiras, presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco, á hora de falar dun espazo que estivo, está e estará en simbiose constante co mar.

Un lugar pesqueiro pequeño (“7 rúas e 3 prazas”, di Ernesto) que podes coñecer de dúas maneiras: ben botándolle unha ollada a este vídeo, ben animándote a acudir en persoa e percorrer Redes nunha das novas rutas de sendeirismo feitas pola Concellaría de Deportes no marco do proxecto “Ares Descobre”. Case 6 quilómetros de distancia […]

Últimas prazas para a segunda ruta do SendAres

O 1 de novembro ás 15:00 horas finaliza o período de inscricións do percorrido que se realizará polos Muíños de Esmelle e mirador de Pedrouzo, no marco do SendAres 2022-2023! Se estás buscando unha experiencia que aglutine deporte, natureza e exploración de novos espazos galegos, súmate á ruta que programa a Concellaría de Deportes o […]

Inventario e valoración da avifauna do concello de Ares

O presente informe redáctase a petición da Concellería de Turismo, Emprendemento, Patrimonio e Mobilidade do Concello de Ares. O alcance e contidos do presente traballo foron concretados durante o mes de abril de 2022, seleccionando a opción 1 entre tres alternativas propostas, opción consistente na elaboración dun listado valorado e comentado de aves presentes no […]

O programa saudable das “Medias Mañás” encara a segunda e última semana de actividade! Durante estas xornadas, no CPI As Mirandas habilitouse un punto de distribución de froita para o alumnado do centro educativo, de cara a promover o establecemento de bos hábitos nutricionais nas tres etapas educativas (Infantil, Primaria e Secundaria) que acuden ao CPI.

A iniciativa, promovida pola Concellaría de Igualdade e Benestar co apoio económico da Rede Española de Cidades Saudables (da que forma parte o municipio aresán), estenderase ata o venres, 28 de outubro.

A avifauna de Ares, ao descuberto no último estudo promovido polo Concello

O documento que vén de facerse público na casa consistorial identifica 155 especies de aves silvestres con presenza na contorna aresá, 6 delas incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Tamén recolle localidades de interese ornicolóxico dentro do municipio: as Illas das Mirandas, a praia de Ares, o espazo da Xunqueira e a área que […]

Durante a tarde de onte, a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, acudiu á Asociación Nuestra Señora de Chamorro, a entidade sen ánimo de lucro que atende a persoas con discapacidade intelectual e ás súas familias, para encontrarse cos usuarios aresáns e falar da localidade.

Xunto á técnica turística deste verán, Griselda Ritrovati, descubriron onde viven os participantes e que recunchos de Ares son os seus preferidos. Tamén conversaron sobre o pasado indiano, que nos deixou edificios tan particulares, o Mosteiro de Santa Catalina ou as cousas que poderían ver, por exemplo, dende o barco M. Presas: os deflíns, a […]

O próximo luns, 24 de outubro, ás 18:00 horas, a Alianza Aresana acollerá unha sesión informativa sobre a prevención das principais causas de dano cerebral dirixida pola traballadora social de FEGADACE, a Federación Galega de Dano Cerebral.

A charla está aberta a todo tipo de públicos e tamén debullará o modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociación galegas especializadas nesta tipoloxía de afectacións. Centrarase, especialmente, en presentar o recurso asociativo máis próximo a Ares: ADACECO, a Asociación de Dano Cerebral da Coruña. Trátase dunha boa oportunidade para informarse da […]

A concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, asistiu onte á primeira sesión do curso de iniciación ao emprego do smparthone promovido pola súa área de traballo na Casa da Xuventude municipal.

Destinada ás persoas maiores de 55 anos para atender unha necesidade xeralizada —a de aprender nun contexto amable cuestións básicas dos seus terminais—, realizarase un percorrido por aplicacións e diferentes funcións dos móbiles, dende o uso de Google Maps ó visionado de vídeos en Youtube ou a banca electrónica. O curso producirase durante os mércores […]

Se estás interesado/a no programa de Benestar en Balnearios da Xunta de Galicia, a experiencia de ocio e saúde destinada ós maiores galegos, o Departamento de Servizos Sociais municipal pode botarche unha man na súa tramitación

Achégate ata a Praza da Constitución, onde está o edificio de Servizos Sociais, ou contacta vía telefónica co 981 448 354 para solventar as túas dúbidas á hora de solicitala! Este programa de Benestar en Balnearios permite contar con estancias de 10 días en réxime de pensión completa (aloxamento, almorzo, comida e cea) nun dos […]