Ares celebra o Día das Bibliotecas cun contacontos e un espectáculo musical

A Concellaría de Cultura programa as actuacións para o xoves, 20 de outubro, e o venres, 21, ambas ás 18:00 horas na biblioteca municipal aresán. Alma Barrón, edila de Cultura de Ares, vén de anunciar as dúas iniciativas que organizará o Concello para celebrar o Día das Bibliotecas 2022, unha data que defende o papel […]
Malia as condicións climatolóxicas adversas, o voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco actuou este sábado pasado na praia de Area Morta para retirar uns 25 quilos de refugallos!

Baixo o marco da limpeza simultánea de praias promovida pola Asociación Ecoloxista ADEGA, voluntarias e voluntarios extraeron principalmente plásticos de pequeñas dimensións que prexudican a fauna mariña local. A iniciativa materializouse co apoio do Concello de Ares, a través da súa área de Medioambiente, de cara a visibilizar o problema do lixo no mar.
As cores azul e rosa proxéctanse sobre o consistorio de Ares polo Día Internacional da Concienciación da morte xestacional e perinatal

O Concello ilumínase durante toda esta semana para visibilizar o duelo das familias que pasaron pola morte dun fillo/a na etapa xestacional ou perinatal, en consonancia cos actos que se promoven polo 15 de outubro, Día Internacional da Concienciación destes falecementos. A entidade municipal súmase así á campaña promovida pola asociación Bolboretas no Ceo Norte, […]
Olimpia Marcos e Noelia Montero, concelleiras de Urbanismo e Deportes respectivamente, recibiron esta semana ó equipo auditor do GALP Golfo Ártabro Norte encargado de supervisar as últimas actuacións materializadas en Ares con parte dos fondos do grupo de acción local.

Durante esta acta de recepción, achegáronse ata o Club de Remo de Ares para ver a embarcación das Sereas das Mirandas, contextualizando as características que a converten nun equipamento accesible para a práctica deportiva de persoas con antecedentes oncolóxicos. A maiores, tamén comprobaron o estado das infraestruturas realizadas no acceso á praia do Xuncal: as […]
Lembramos que este sábado, 15 de outubro, regresa a limpeza simultánea de praias que impulsa a Asociación Ecoloxista ADEGA da man da Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello de Ares.

Se estás interesado en sumarte á convocatoria e actuar na praia da Area Morta (Redes), contacta co 680 161 929 (chamada ou WhatsApp). É unha iniciativa aberta a todos os públicos! Máis información: https://www.caamouco.net/portal2/aic-novas/2581-a-agrupacion-instrutiva-volve-unirse-a-limpeza-de-praias-de-adega-este-ano-dende-area-morta
Lista agarda auxiliar administrativo -proceso de selección Obradoiro Emprego Reinicia IX
RESOLUCIÓN DA ALCALDIA Nº 510/22 Alcalde-Presidente D.Julio Ignacio Iglesias Redondo Asunto: LISTA AGARDA AUXILIAR ADMINISTRATIVO – PROCESO DE SELECCIÓN OBRADOIRO EMPREGO REINICIA IX A vista da Resolución da Alcaldía 469/22 de data 27-09-2022 na que aprobase a selección definitiva dos candidatos/as dos postos de Dirección, Docentes e Aux. Administrativo do obradoiro de emprego REINICIA IX. […]
O Centro de Saúde aresán arranca cunha programación de charlas educativas para toda a poboación.

Dende este mes de outubro, os profesionais de enfermería promoverán cada mes unha conferencia de temática sanitaria para axudar na divulgación do coñecemento. A primeira delas realizarase o mércores, 19 de outubro ás 13:00 horas na sala de Educación Maternal do Centro de Saúde (2ª planta), impartida pola enfermeira Laura Piñeiro García sobre Alimentación Complementaria […]
Los Nostálgicos chegan ao Mosteiro de Santa Catalina

Se estás buscando un evento cultural para desfrutar na véspera de festivo, o Mosteiro de Santa Catalina acollerá hoxe, martes 11 de outubro ás 20:00 horas, a actuación musical de Los Nostálgicos, que ofrecerán o seu repertorio baixo a iniciativa “Noite de boleros no Mosteiro”. Unha cita que tivo que ser adiada no seu momento […]
A biblioteca municipal de Ares comezará este xoves, 13 de outubro, o seu horario de inverno!

Lembra que dende esa data estará aberta durante as mañás, de 09:00 a 14:00 horas, e polas tardes de 16:30 a 19:30.
O Concello de Ares e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha exposición e unha sesión informativa

A colección de fotografías poderá visitarse dende hoxe, luns 10, ata o 23 de outubro no Centro de Saúde de Ares, namentres que a charla se celebrará o 24 de outubro na Alianza Aresana. Ares contará durante as próximas semanas con dúas iniciativas centradas en dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, […]
O M. Presas vén de ampliar a súa oferta de rutas marítimas ata o 1 de novembro pola demanda que está a recibir nas últimas semanas!

Así que se estabas pensando en subirte ó barco para ver dende unha nova perspectiva a costa de Ares, podes facer as túas reservas no 609 22 42 23. Á túa disposición tes varios itinerarios de hora e media de duración tanto pola mañá (de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00) coma […]
110 veciños e veciñas de Ares desprazáronse ata Lugo o venres pasado para desfrutar do San Froilán!

Unha das principais celebracións galegas no outono onde a gastronomía, o folclore e a escolma de espectáculos de música, teatro e maxia cobran especial relevancia. A nosa veciñanza desfrutou dos atractivos da cidade lucense a través da iniciativa que organizou a Concellaría de Benestar e Igualdade de Ares, habilitandos dous autobuses de ida e volta […]