O Campus Chiquibasquet clausura a súa programación deportiva

Os rapaces e rapazas viviron hoxe a última sesión formativa e, tamén, o acto que pon o punto e final ó Campus deste verán. Despois de toda unha semana de sesións para a mellora da práctica do baloncesto, o Campus Chiquibasquet rematou esta mañá a súa actividade no verán de Ares a través do acto […]
A marca Chula Fashion recala no municipio para amosar os seus diseños de alta costura vietnamita

A localidade de Ares acollerá o próximo mércores, día 10, un evento que non te podes perder: o desfile da marca de alta costura Chula Fashion, nacida de raíces españolas e mesturada coa cultura vietnamita, cun alto compromiso co traballo ético e inclusivo, e que está presente en varios países de Asia, mais tamén en […]
Ares achégase a Equiocio para expoñer o valor turístico do municipio

O alcalde da localidade, Julio Iglesias, e a concelleira de Turismo, Lucía Blanco, asistiron ó acto de inauguración do certame, no que Ares conta tamén co seu propio stand de información. O arranque do certame de hípica de Equiocio, situado en Covas, supón unha oportunidade para que as localidades inscritas baixo o xeodestino Ferrolterra-Rías Altas […]
A tenda efémera de aluguer de vestimenta para o Ares Indiano chegará ó municipio o 16 de agosto

Estará habilitada ata o sábado, 19, na Avenida Saavedra Meneses, para toda a veciñanza que desexe asistir caracterizada ó evento. A empresa compostelana que xestiona este novo servizo da festa indiana contará con caracterizacións de home, muller e neno, tanto de gala coma de campesiño. A Concellaría de Cultura dirixida por Alma Barrón vén de […]
Ares, Cabanas, Mugardos e Fene anuncian a concesión do Reinicia IX

Nesta anualidade o obradoiro de emprego achegará formación nas especialidades de Atención sociosanitara a persoas dependentes en institucións sociais e Traballos de Carpintería e Moble, incluíndo aplicación de vernices e lacas. O Concello de Ares, xunto co de Cabanas, Mugardos e Fene, vén de recibir a concesión do novo obradoiro de emprego e formación “Reinicia […]
O Concurso de Castelos de Area volve a Ares

O evento organizarase o 11 de agosto destinado ós nenos e nenas e á participación das familias. Dende hoxe e ata o luns, ambos inclusive, estará aberta a inscrición previa na Alianza Aresana tanto presencial coma telefonicamente. A praia do Xuncal contará de novo cunha estampa particular a mediados deste mes: rapaces e rapazas de […]
O segundo andar da Casa da Xuventude xa acolle dende hoxe mesmo a exposición de José Antonio Porro “Paisajes y Marinas de Ares”

O segundo andar da Casa da Xuventude xa acolle dende hoxe mesmo a exposición de José Antonio Porro “Paisajes y Marinas de Ares”, dispoñible ata o 18 de agosto para toda a veciñanza que desexe achegarse e percorrer gran parte do patrimonio paisaxístico do municipio. As rochas, a natureza, os camiños e as saídas ó […]
Regulación do tráfico para a XXX Milla Urbana

O Concello vén de informar do dispositivo de tráfico que se habilitará para o evento deportivo local da Milla Urbana, organizado para este sábado, 6 de agosto, en horario de mañá. Haberá limitacións no estacionamento -prohibido dende as 08:00 horas ata o remate da proba- e na circulación de vehículos -prohibida dende as 10:00 ata […]
O Concello organiza esta próxima fin de semana a última das catro rutas de “Ares no Mar”, o programa para poñer en valor aquela parte da localidade ligada ó eido litoral e á cultura mariñeira.

O sábado, 6 de agosto, realizarase o percorrido de “Ares Urbano”, moi asequible pola súa distancia (3-4 quilómetros polo núcleo urbano da vila) e totalmente de balde. A ruta arrancará ás 10:00 horas no Club de Remo , subindo logo ao miradoiro do Petelo para afondar na fisionomía e organización da vila. Haberá a oportunidade […]
Esta semana tampouco paramos na contorna municipal!

Temos exposición de pintura, a Milla Urbana, as nosas festas de San Roque… Unha axenda cultural e deportiva da que non podes perder nada!
Queres moverte con ritmos latinos ou practicar algo de zumba ao aire libre?

Lembra que encaramos xa a última quincena das sesións que se están a realizar na Praza da Constitución de Ares todos os martes (no caso dos bailes latinos) e todos os xoves (no caso de zumba) de 20:30 a 21:30 horas. Xa sabes: é a derradeira oportunidade para desfrutar destas actividades que forman parte da […]
5 actuacións musicais, o Congreso de Fotografía de Longa Exposición en Santa Catalina, a churrascada-sardiñada do Club de Remo, a entrega de premios do I Torneo Fútbol Sala para nenos de Chanteiro…

A fin de semana pasada en Ares encheuse de actividades para todos os públicos cunha axenda intensa e diversificada, indo dende o musical ao gastronómico ou deportivo, e exemplificando a recuperación dos ritmos da prepandemia. Aquí embaixo atoparás unha recompilación das instantáneas que nos deixaron estes días e nas que houbo, tamén, representación municipal! […]