O Concello presenta a nova edición do Ares Indiano

O evento ampliará un día a súa programación –do venres, 19, ao domingo, 21 de agosto–, apostará por novos servizos, como a posibilidade de alugar traxes de época, e manterá a política de descentralización de actividades polo municipio. O alcalde da localidade, Julio Iglesias, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edil de Turismo, […]

O Móvete VeraneAres comeza coas súas sesións de baile latino

A Praza da Constitución de Ares acolleu onte a primeira clase de baile latino inscrita dentro da programación estival do Concello “Móvete VeraneAres”. Xullo e agosto serán meses para o movemento, a música e o deporte a través da actividade organizada onte e a sesión que haberá mañá, 7 de xullo, desta volta de zumba. […]

Arrancan as visitas guiadas no Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes

Tanto onte coma hoxe, o Concello vén de iniciar as actividades turísticas en dous espazos de considerable interese patrimonial para a localidade: o Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes. As visitas realízanse polas técnicas de turismo de Ares, sempre en horario de mañá, de 11:00 a 13:00 horas, alternando os días e […]

Arranca a primeira sesión de cine de verán ao aire libre

Mañá, mércores 6 de xullo, o Concello organiza a primeira sesión dunha actividade con fonda tradición dentro da programación cultural: o cine de verán en Ares, no que se proxectará Padre no hay más que uno 2″, unha comedia dirixida e escrita por Santiago Segura. Se estás buscando plan para esa noite, preto das 22:30 […]

A Rede de Indianos do Norte presenta os produtos turísticos para difundir o patrimonio e a cultura dos seus municipios

Lánzanse así a páxina web www.indianosdelnorte.org, para facilitar a busca de información sobre as diferentes celebracións de época, e tamén o dulce ‘Indianitos’, en homenaxe ás viaxes do propio proceso migratorio O Palacio de Sobrellano de Comillas acolleu a semana pasada o acto de presentación da iniciativa “Embárcate na Experiencia Indianos do Norte!”, unha nova […]

Ares viaxará a Cerceda para desfrutar do seu parque acuático

A actividade promovida pola Concellaría de Cultura desenvolverase a próxima semana, incluíndo no seu prezo o transporte, desprazamento e monitores. A inscrición abrirá mañá, 5 de xullo, de maneira presencial na biblioteca municipal de Ares. A área de Cultura da localidade vén de anunciar unha nova actividade que achegará tanto ás familias coma aos mozos […]

Que podes facer esta semana en Ares?

Pois haberá danza, cine, unha mostra de folclore e ata o tradicional mercado veciñal! Bota unha ollada á axenda cultural que deixamos aquí embaixo para coñecer con máis detalle todas as actividades.

O VeraneAres Deportivo comeza cos seus campamentos urbanos e as primeiras sesións de grappling

O núcleo urbano da vila acolleu esta mañá o inicio oficial da programación relacionada co VeraneAres2022 promovido pola área de Deportes do Concello, simultaneando a posta en marcha dos campamentos urbanos, no pavillón polideportivo municipal, e a programación de “Xuventude Activa”, nesta ocasión no Casino de Ares. Por unha banda, os campamentos urbanos actuarán coma […]

A área de Benestar e Igualdade arranca co servizo do “ConciliAres”

Esta mesma mañá, o Concello iniciou a programación de conciliación laboral e familiar, inscrita dentro do “ConciliAres”, o principal servizo destinado para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, con 40 prazas por quincena, e co foco posto no coidado dos máis pequenos. Ao longo das mañás de xullo e agosto, os nenos […]