Os escolares de Ares gozan dunha versión lúdica e didáctica do deporte cunhas xornadas orientación

Trátase dun programa promovido polo Concello de Ares dentro da campaña XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte Esta semana arrancou no CPI As Mirandas unha das últimas actividades co foco posto nos nenos e nenas do municipio. Trátase da “Actividade deportiva escolar de Orientación”, unha iniciativa organizada polo Concello de Ares en colaboración coa […]
Quinta ruta do SendAres completada!

Tras as anteriores rutas de Doniños-A Graña; Naharío-Penas Louseiras; Soaserra- Caaverio e Costa de Ares-Chanteiro; o programa municipal SendAres vén en completar a súa planificación deportiva en canto ás rutas da tempada de inverno a primaveira, coa realización da súa quinta expedición a pasada da fin de semana por terras da Costa da Morte. Así, […]
Entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos

A Alianza Aresana acolleu na tarde de onte o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, promovido polo Concello e o CPI As Mirandas, enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas e no que participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, […]
“A Casa Nova” gaña o 1º premio e “Tarrafa” e “Callejón” obteñen o 2º e 3º postos do DegustAres 2022

101 participantes completaron adecuadamente a ruta e outorgaron as máximas puntuación aos tres locais, que recibirán vales para investir no comercio de Ares de 500 euros no caso do primeiro premio, e 400 e 300 nos seguintes. A Alianza Aresana acolleu o venres pasado o peche oficial do DegustAres 2022, o concurso de tapas que […]
A fin de semana supuxo o peche da programación cultural das Letras Galegas 2022

O grupo A Tajea ofreceu o sábado na Alianza Aresan un concerto co seu característico selo, poñendo coas súas letras un aire novo e fresco á música tradicional. Mentres o domingo tocou saír de viaxe a Cedeira para asistir á obra teatral “Ás oito da tarde, cando morren as nais”; unha peza escénica cunha ollada […]
Rural Lab Ferrolterra presenta en Montefaro o proxecto piloto de creación do “monte soberano”

O mosteiro de Santa Catalina de Montefaro acolleu o sábado a segunda xornada do programa Rural Lab Ferrolterra; unha iniciativa posta en marcha polas fundacións Gabeiras e Didac, coa colaboración do Concello de Ares, en 2020 co obxectivo de poñer en valor o patrimonio natural, histórico e económico do municipio dunha forma colectiva e que […]
Esta semana o alumnado de 1º da ESO do CPI As Mirandas saíu do centro educativo para descubrir recunchos da súa propia vila e da cultura mariñeira

Esta semana o alumnado de 1º da ESO do CPI As Mirandas saíu do centro educativo para descubrir recunchos da súa propia vila e da cultura mariñeira. Fixeron un percorrido por diferentes establecementos de Ares, como a Peixaría Elena, onde puideron recoñecer o produto local a partir das especies do día que estaban no seu […]
Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible

Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible. O Salón de Actos da Alianza Aresana acolleu a primeira actividade, a sesión da “Aula Gabeiras”, para afondar nas oportunidades de dixitalización na contorna rural. Mais isto non acaba aquí! Mañá despregarase […]
A Serea das Mirandas descansa xa na lengüeta do paseo marítimo

Esta mesma mañá descubriuse unha nova escultura colocada no núcleo urbano de Ares: a famosa serea das illas das Mirandas repousa sobre unha das históricas ramplas do paseo marítimo para recibir a toda a veciñanza e turista que desexe coñecer a súa lenda. Dende as profundidades da ría, o animal mitolóxico emerxe e lembra a […]
O Concello presenta o Campus de Verán 2022 da Fundación Celta

A iniciativa desenvolverase do 18 ao 22 de xullo no campo de fútbol municipal de Prados Vellos para os nenos e nenas entre 4 a 16 anos. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse en https://rccelta.es/mais-celta/campus/ Esta mesma mañá, autoridades municipais e deportivas presentaron unha nova edición do Campus de Verán da […]
Ares acolle a presentación de “Rural Lab-Ferroterra”, un proxecto piloto de sustentabilidade e innovación para Montefaro

O evento comezará cunha sesión sobre dixitalización na contorna rural e continuará cunhas xornadas participativas no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. As persoas interesadas en acudir presencial ou dixitalmente teñen a disposición a seguinte dirección de correo electrónico: info@fundaciongabeiras.com Os próximos 20 e 21 de maio terá lugar no municipio de Ares a presentación […]
Arranca a programación cultural das Letras Galegas 2022

Lembramos que hoxe mesmo, mércores, 18 de maio, comezan as actividades relacionadas coa Semana das Letras Galegas! Obradoiro musical sobre Florencio Delgado Gurrarán, contacontos, concerto… e ata unha visita a Cedeira para achegarse ao teatro. Podes consultar toda a información cultural nestes carteis de aquí embaixo!