DegustAres, unha ruta do pincho para gozar da gastronomía local

A Concellaría de Turismo e Comercio estreará un concurso de tapas, en colaboración co tecido hostaleiro de Ares, que promove o consumo local durante dúas fins de semanas de maio.  A hostalería de Ares terá un espazo para amosar o valor gastronómico dos seus pinchos no mes que vén dentro da iniciativa do “DegustAres”, o […]

O Concello presenta a segunda edición do Ares Ultramarino

O selo inclúe cursos formativos para hostalería e empresas locais, unha charla divulgativa sobre cultura ultramarina e a propia celebración do Ares Indiano. A súa posta en marcha axuda a indagar na relación que se mantén co mar dende un enfoque completo e integral. A historia, o turismo e a cultura mestúranse nunha mesma planificación.  […]

Campaña de trampeo primaveral da avespa velutina

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) vén de publicar unha guía que recompila consellos e boas prácticas para acometer un trampeo eficiente de velutinas, tendo en conta que é precisamente nesta estación do ano cando esta tipoloxía de avespas comeza a saír do seu letargo invernal. O Concello de Ares, que colabora con AGA na […]

Alumnado do CPI As Mirandas inaugura un museo sobre Ares e a súa historia

O vestíbulo da Alianza Aresana transfórmase dende onte para amosar a exposición que organizaron nenos e nenas de 2º de primaria sobre a identidade local da vila. Durante as próximas xornadas, a biblioteca municipal da localidade converterase nun museo aberto á veciñanza sobre a cultura, o patrimonio e o pasado de Ares. “O noso museo”, […]

Ares concéntrase para amosar o seu compromiso con Ucraína e coa solidariedade entre pobos

A veciñanza, representantes municipais do goberno local, o tecido asociativo e tamén as actuais familias ucraínas residentes en Ares asistiron á concentración realizada no núcleo urbano da localidade. O acto de apoio a Ucraína organizado polo Concello arrancou onte na Praza da Constitución da vila en tres linguas. O galego, o castelán e o ucraíno […]

O teatro achégase á Escola Infantil da Galiña Azul de Ares

Paula Regueiro e Lucía L. Golán, ambas actrices tituladas, desembarcaron co seu espectáculo “Que animaliño é?” cargado de música, animais e diversión! A escola da Galiña Azul acolleu este venres pasado unha sesión de teatro infantil para que os máis pequenos e pequenas coñezan e recoñezan as cousas do seu redor a través da estimulación […]

O alumnado de Reinicia VIII comeza coas tarefas de conservación da contorna de Montefaro

Os 10 alumnos/as-traballadores da especialidade de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” levan a cabo traballos de roza como parte das súas prácticas profesionais. O obradoiro de emprego promovido por Ares, Cabanas, Fene e Mugardos sirve como unha vía para certificar a adquisición de competencias no eido laboral. Ao longo das pasadas semanas, […]

O Concello licita os traballos de adecuación do aparcadoiro próximo á Reitoral

A obra mellorará o estado xeral da área de estacionamento, incorporando losa céspede en cada unha das prazas, amais de novas luminarias de tipo LED e unha unidade de carga de vehículos eléctricos. Parten dun orzamento de 59.012,29 euros e un prazo de execución aproximado de 2 meses dende o seu inicio.  Ares contará nos […]