BANDO MUNICIPAL: Recomendacións para evitar o consumo simultáneo de auga en Ares

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, FAI SABER: Sendo toda a veciñanza coñecedora dos problemas existentes no abastecemento de auga durante o verán por mor do incremento considerable da poboación, transmítense un conxunto de recomendacións co fin de evitar o consumo simultáneo en certos momentos do día, agravándose especialmente durante as fins […]
Xa aberta a exposición ‘Figuración e abstracción’, do aresán Ramón Casteleiro

Até o 31 de xullo, a veciñanza pódese achegar ó andar superior da Casa da Xuventude para botar unha ollada á colección pictórica de Ramón Casteleiro, unha escolma dos seus cadros que camiñan do figurativo ao abstracto xogando coas cores, as formas e os figuras xeométricas. Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado, descubriu xusto antes de xubilarse […]
A ría de Ares, escenario deportivo coa XXVIII Travesía a Nado

A rampla grande do paseo marítimo acolleu este sábado pasado unha nova edición da tradicional Travesía a Nado, o evento deportivo que aglutina na vila a nadadores e nadadoras de todas as idades e categorías. Foron preto de 90 persoas as que se lanzaron ás augas da ría para completar as múltiples distancias da proba, […]
O Campus do Celta pon punto final á súa actividade en Ares

Monitores, xogadores e representantes do Concello clausuraron o evento deportivo que recalou durante toda esta semana no campo municipal de Prados Vellos. A concelleira Victoria Montenegro, en representación do Concello, acudiu esta mañá ao acto de clausura do Campus de Verán do Celta no Prados Vellos, despedindo á rapazada que se sumou ás xornadas […]
Ares lembrou a Castelao da man de Miguel Anxo Seixas

A veciñanza de Ares mergullouse onte na vida e legado de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o escritor monumental que tanto marcou a identidade e cultura de Galicia dende o século XX até agora. Miguel Anxo Seixas Seoane achegouse á Alianza Aresana para impartir unha conferencia divulgativa sobre o intelectual rianxeiro partindo da súa triloxía biográfica, […]
O Concello prosegue coa reforma do interior da Reitoral de Ares para usos múltiples

Continúan os traballos destinados a acondicionar esta edificación do século XVII cun gran interese patrimonial, co foco posto en habilitalo para o seu emprego cultural e social. Traballarase sobre a tabiquería, a carpintería interior e exterior, o falso teito con aillamento térmico, a fontanería e carpintería, a electricidade e a iluminación, a partir dun investimento […]
Nova exposición dos cadros de Ramón Casteleiro na Casa da Xuventude municipal

A Casa da Xuventude de Ares acollerá dende este venres, 18 de xullo, unha mostra de novas pinturas do aresán Ramón Casteleiro, ciruxán ortopédico retirado que descubriu, pouco antes de xubilarse, a súa conexión co eido pictórico. Casteleiro transita tanto a escultura como a pintura ao óleo, e será este segundo campo o que protagonizará […]
Finaliza a mellora do alumeado público en Pezoas, Mazaído e Curmá, na contorna de Redes

Instaláronse 20 novas luminarias, 10 novas e 10 renovadas na súa infraestrutura, para aumentar a calidade lumínica na zona e promover un maior aforro no consumo enerxético. Implicou un investimento de preto de 30.000 euros sufragados con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a finalización do […]
O Concello conclúe coa renovación de carpintería e o repintado do Mercado Municipal de Ares

A infraestrutura estrea nova imaxe despois de executar o proxecto que renovou ventás e adecuou o edificio á Guía de Cores e Materiais de Galicia. Supuxo un investimento de case 41.000 euros asumido polos fondos municipais, mais cun préstamo do Instituto Galego de Vivenda e Solo para facilitar o financiamento. Un Mercado Municipal de […]
O Campus Chiquibásquet prepara a súa XVII edición en Ares

O evento lúdico-deportivo promoverase no pavillón polideportivo da localidade dende o 4 ao 8 de agosto durante as tardes, mais nesta ocasión con novidades: haberá dous grupos e non só un, ampliando a franxa de idade dos participantes. As inscricións para as persoas interesadas xa están dispoñibles ata o 1 de agosto cun prezo de […]
Pago con tarxeta para o AparcAres na Oficina de Turismo Municipal

Entre os servizos que se inclúen na Oficina de Información Turística de Ares, sumóuselle dende o ano pasado un novo: realizar pagos con tarxeta, vía TPV, polos tramos horarios da zona azul. Así, se aparcas o teu vehículo nalgunha das prazas azuis entre as 11:00 e 13:00 h. ou de 17:00 a 19:00 h., podes […]
A biografía de Castelao protagoniza a próxima conferencia da Alianza Aresana

O vindeiro 17 de xullo ás 20:00 horas, Miguel Anxo Seixas Seoane, autor do libro biográfico ‘Castelao: Construtor da Nación’ e presidente da fundación adicada ó intelectual rianxeiro, visitará Ares para facer un percorrido pola historia vital deste icono da cultura galega. A actividade vén a complementar a celebración do Ano Castelao 2025, conmemorando así […]