Os máis pequenos da vila confeccionan o seu propio conto nos obradoiros da biblioteca municipal de Ares

Nestes últimos días os nenos e nenas que se atopan inscritos na escola infantil da Galiña Azul visitaron a biblioteca para sacar a relucir toda a súa creatividade. En varios grupos, as crianzas de entre 1 a 3 anos pasáronno en grande co obradoiro que lles tiña preparado o equipo técnico bibliotecario: ‘Facendo contos’, unha […]
50 participantes sumáronse ao XVII Open Dominó Concello de Ares

Como xa é tradición na vila, o Casino Aresano acolleu unha nova edición do Open Dominó Concello de Ares con xogadores de toda Galicia animándose a participar neste campionato organizado pola Asociación Recreativa e Deportiva Xabre e a Federación Galega de Dominó, incluíndo a estreita colaboración do Concello. 50 xogadores achegáronse até as instalacións do […]
Lucas Slalom Cup 2025: un torneo internacional para lembrar ao veciño aresán Lucas Seijo Fernández

A Coruña celebrou esta fin de semana un evento que foi moito máis aló do deportivo: a Lucas Slalom Cup, unha competición internacional de patinaxe Inline Freestyle que organizou o Club Alquima da cidade herculina para rendir unha profunda homenaxe ao aresán Lucas Seijo Fernández, falecido nun tráxico accidente en setembro de 2024. O seu […]
Que sabemos de drogas?, un diálogo aberto na Academia AresXSalud con Rebeca Graña

A Alianza Aresana converteuse este pasado venres, 28 de marzo, en centro de aprendizaxe coa charla “Que sabemos de drogas?“, a última proposta da Academia AresXSalud, a iniciativa do Concello destinada a promover un aumento do coñecemento da veciñanza en materias vencelladas coa promoción da saúde. A sesión estivo conducida por Rebeca Graña Torralba, educadora […]
Entrevista e Proposta de Contratación para a contratación laboral temporal de 4 peóns do PEL-Concellos 2025
En Ares, sendo as 09:30 horas do día 27 de marzo do 2025, reúnese nas Alianzas Aresanas, o Tribunal Cualificador do proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 4 peóns – Pel, (designado por Decreto da Alcaldía 2025-0251 de data 18/03/2025) convocado pola Presidencia (acta de 24/03/202 5). Baixo a Presidencia de Agustín Suárez […]
A Concellaría de Comercio convida á hostalería local a sumarse á próxima edición do DegustAres

O Concello xa está a traballar nos últimos detalles organizativos detrás da que será a cuarta edición do DegustAres 🍴, a ruta do pincho que promove a área de Comercio para dinamizar económica e turisticamente o tecido hostaleiro da vila. Neste sentido, a edila Lucía Blanco convida a sumarse ao evento a todos os hostaleiros […]
Dispensadores de bolsas para mascotas dispoñibles na casa consistorial de Ares

Se aínda non te fixeches cun dos dispensadores de bolsas para a recollida de deposicións do teu can, achégate até o consistorio de Ares e solicita un na recepción. Son totalmente de balde! Esta acción atópase inscrita dentro da campaña municipal de sensibilización da veciñanza que promove a Concellaría de Medioambiente ao longo deste mes […]
Chega á Casa da Xuventude a 33ª edición de Galicia en Foco

A exposición, que estará dispoñible até o 11 de abril, amosa o mellor do fotoxornalismo galego a modo de crónica do territorio, salientando os grandes acontecementos que viviu a sociedade nos últimos tempos. Poderá visitarse en horario de mañá, de luns a venres, e tamén pola tarde nesa mesma xornada. A Concellaría de Cultura e […]
O Concello de Ares, premiado pola FEMP no IX Concurso de boas prácticas locais contra a violencia sobre as mulleres

A eficacia da proposta, o seu carácter innovador e as posibilidades que achega de ser aplicada noutros contextos municipais foron os principais argumentos para a concesión do recoñecemento. Onte recolleu o galardón, en representación do equipo técnico e responsables políticos da institución, o director do Centro de Información á Muller (CIM), José Luis Castro Feijóo. […]
Admitidos/as excluidos/as para a contratación laboral temporal de 2 subalternos do PEL-Concellos 2025
Sendo as 12,30 horas do día 24 de marzo de 2025 reúnese na Casa do Concello o Tribunal Cualificador do Proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 2 subalternos.Pel, designado por Decreto da Alcaldía 2025-0250 de data 18/03/2025.No citado Decreto se fixaba a data e hora da presente xuntanza. Baixo a Presidencia de Isabel […]
Admitidos/as Excluidos/as para a contratación laboral temporal de 4 peóns do PEL-Concellos 2025
Senda as 09,30 horas do día 24 de marzo de 2025 reúnese o Tribunal Cualificador do Proceso selectivo para a contratación laboral temporal de 4 peones PEL, designado por Decreto da Alcaldía 2025-0251 de data 18/03/2025.No citado Decreto se fixaba a data e hora da presente xuntanza . Baixo a Presidencia de Agustín Suárez Feal […]
O SendAres adéntrase no misticismo da Ruta dos Mortos

17 quilómetros foron os que percorreron os camiñantes da sexta ruta do SendAres 2024-2025, unha experiencia que transitou unha paisaxe cargada de lendas, historias ancestrais e cantís de beleza indómita. O programa municipal de sendeirismo do Concello desenvolveu o seu último itinerario este pasado domingo arrancando a súa andaina no Cabo Ortegal, cruzando os montes […]