Un total de 50 mozos e mozas de 5 a 18 anos anos participan desde este luns na decimoquinta edición do campus de baloncesto “Chiquibasquet”, dirixido polo adestrador ferrolán Chiqui Barros e que conta coa colaboración do Concello de Ares e a Federación Galega de Baloncesto. A actividade deportiva está a desenvolverse no pavillón municipal local e, como explicou o propio Barros, ao longo destes días os rapaces e rapazas recibirán formación individual de baloncesto, ao tempo que se levan a cabo xogos e competicións grupais. Durante este período, polo tanto, os participantes gozarán dunha combinación de formación, diversión e práctica de baloncesto.
O campus, que se imparte entre as 18.00 e as 21.30 horas, rematará este venres, día 4, cun acto no que participarán os representantes municipais, e no que os xogadores e as xogadoras recibirán un diploma acreditativo.