Comeza unha nova edición do Campus Chiquibásquet Ares

Comparte esta nota de prensa

O pavillón municipal acolle dende hoxe e ata o venres, 5 de agosto, as actividades de mellora e aprendizaxe do baloncesto promovidas por Chiqui Barros.

Esta mesma mañá vén de arrancar a programación do “Chiquibásquet Ares” nas instalacións do pavillón polideportivo da localidade, un evento que xa alcanza a súa décimocuarta edición. Cunhas preto de 60 prazas cubertas, a iniciativa mantén a colaboración entre o Concello de Ares, a Federación Galega de Baloncesto e o Campus dirixido por Chiqui Barros.

As actividades lúdico-formativas centradas na mellora en baloncesto levaranse a cabo toda a semana, ata o venres, 5 de agosto, coa súa clausura. Xa con menor número de restricións, esta edición do Campus organízase en varios grupos de traballo de 15 persoas, en función de idades e niveis técnicos.

Os máis pequenos, divididos nun equipo de iniciación e outro máis de perfeccionamento, son os que gozarán máis dos aspectos lúdicos da formación. Os máis maiores entrenarán en función da súa vinculación co propio baloncesto, dende os que o practican de maneira diaria ós que o teñen coma un deporte secundario.

Coma vén sendo habitual, os rapaces e rapazas de entre 5 a 18 anos contarán con entrenadores profesionais, como Manuel Carballeira, Jesús Montero, Hugo Fernández ou Alberto Rodríguez, este último ex xogador profesional do Real Madrid e Oporto. Así, as sesións complementaranse coas que imparten os monitores e equipo de Chiqui Barros: Vero González, Sarai Carro, Jorge Varela, Pablo Rodríguez e Simón Bermúdez.

Pódeche interesar