Concellaría de Deportes, TICs e Mocidade

NOELIA MONTERO CANDAL

Contacto: noelia.montero@concellodeares.com

Tel. 677 12 41 34

A Concellería de Deportes planifica o deporte municipal atendendo a todos os sectores da poboación. Xestiona os equipamentos deportivos municipais, colabora co asociacionismo deportivo da localidade e encárgase da oferta anual dos plans deportivos para os veciños e veciñas. 

A área de Educación establece políticas de colaboración cos centros de ensino de Ares, fomentando a participación municipal en actividades escolares e extraescolares. Tamén xestiona todo proceso relacionado coa organización, promoción e divulgación de proxectos de carácter educativo.

No relativo a TICs e Mocidade, céntrase no uso e organización da Casa da Mocidade, a aula Cemit e toda a información e programas para o público xuvenil.