Concello e Deputación supervisan o inicio dos traballos previos da Senda Peonil Ares-Redes

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e o concelleiro de Obras, José Juan Vilar, percorreron onte a estrada provincial que conecta Ares e Redes, xunto con técnicos da Diputación e a empresa que se encargará das obras de construción da senda peonil ao longo de todo o tramo.

Con este encontro, os responsables municipais, do organismo provincial e da adxudicataria das obras, tiveron a primeira toma de contacto sobre o terreo, co obxectivo de coordinar o inicio dos traballos previos. Deste xeito, segundo informaron tras a visita, no mes de xuño darán comezo as labores de marcado da senda, xunto coa baixada de liñas e a retirada das árbores da zona de expropiación.

OBRAS SENDA PEONIL ARES E REDES

As obras supoñen un importante investimento de 748.038 euros e implicarán unha notable mellora da seguridade peonil, xa que a vía actual carece de beiravías, a pesar de tratarse dunha zona moi transitada, especialmente nos meses de verán, xa que dá acceso ao núcleo de Redes e a praias coma as do Raso ou Seselle.

Os traballos suporán a construción dunha senda de dous metros de ancho sobre a marxe dereita dese o punto quilométrico 0+140 ao 2+980 e logo sobre a esquerda do 2+960 o 3+200 para evitar afeccións ao peche da Villa Santa Amalia. Un total de 3,2 quilómetros de beirarrúas. As tarefas construirán tamén un muro de contención entre os puntos quilométricos 2+636 e o 2+650 para evitar a invasión excesiva das parcelas anexas. Así mesmo incluiranse nas tarefas a ampliación da drenaxe existente, instalacións de nova sinalización e reposición de pavimentos afectados.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,