Concentración en defensa do Transporte Público o próximo mércores 20 de Xullo en Ares

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares, xunto a outros concellos da comarca, convoca unha concentración en defensa do transporte público o próximo mércores, 20 de xullo, diante da casa consistorial. Incluirá a lectura dun manifesto a partir das 20:30 horas.

Esta concentración realizarase de xeito simultáneo fronte ós consistorios dos distintos municipios convocantes. Ademais de Ares, impulsan a iniciativa os Concellos da Capela, As Pontes, Pontedeume, Cabanas, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón e Neda.

Así, dáse continuidade á liña de traballo que vén executando o Concello de Ares para reclamar á Xunta unha mellora integral do servizo de transporte, tendo en conta as queixas dos usuarios/as: o incumprimento constante e supresión de rutas e frecuencias, os cambios de horario sen comunicacións previas ou a carencia de reforzos nas paradas con maior demanda, entre outras.

A Concellaría de Mobilidade invita a sumarse á concentración para reivindicar un servizo de transporte público de calidade e loitar contra o illamento dos municipios da comarca.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares principia coa tempada de Nadal

As familias aresáns uníronse para decorar e iluminar a árbore próxima á Ponte da Ciscada durante a tarde de onte, e foi un momento cargado