O Concello e a veciñanza de Ares sumáronse esta mañá á iniciativa da Femp cunha concentración silenciosa de cinco minutos que se desenvolveu ás 12:00 horas fronte ás portas da Casa Consistorial.
Deste xeito, a través deste acto en solidariedade co pobo ucraíno, a poboación aresán traslada o seu apoio e afecto a todas as persoas que están sufrindo nestes momentos as consecuencias do conflito bélico desencadeado pola Federación Rusa contra Ucrania.