A concelleira de Mobilidade, Lucía Blanco, e a edil de Educación, Noelia Montero, sumáronse na tarde de onte á concentración promovida pola Plataforma por un Transporte Digno na Praza de Armas de Ferrol, apoiando a recuperación das frecuencias previas ó cambio de empresa adxudicataria.
No acto, reivindicouse a necesidade de contar cun servizo accesible para todas as persoas, que se adapte á demanda real da comarca e que favoreza unha mobilidade sostible en consonancia cos obxectivos establecidos na Axenda 2030. A Plataforma defendeu a importancia de contar cunha comarca ben conectada para asegurar o seu futuro e loitar contra o illamento xeral de toda a área.